Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AMTEGA e o CPEIG lanzan a web de Rapaciñ@s con dominio galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AMTEGA e o CPEIG lanzan a web de Rapaciñ@s con dominio galego

Redacción
Publicado: 03/01/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

rapacinos.gal.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia comezou o ano con divulgación TIC para os máis pequenos. Se onte falabamos das súas actividades desenvolvidas para as nenas e nenos ingresadas/os no CHUS, hoxe é a quenda de salientar Rapaciñ@s, unha iniciativa que xa foi posta en marcha en 2015 pero que colle agora novos folgos, co inicio de 2017, estreando páxina web de seu con dúas entradas: www.rapacinos.gal e www.rapacinas.gal. A páxina foi deseñada pola firma A Navalla Suíza. A iniciativa, como lembraremos, vén da man do CPEIG e máis da axencia AMTEGA. O seu obxectivo é achegar as tecnoloxías da información ás crianzas dunha maneira responsable, construtiva e segura. Dito doutro xeito: trátase de fomentar os bos hábitos de navegación e desenvolvemento dende as idades máis temperás.
Respecto do novo espazo web, trátase dun espazo accesible e de doado emprego para usuarias e usuarios coñecementos técnicos básicos. Abrangue os seguintes contidos: personaxes fundamentais na historia da informática, 10 razóns para estudar informática, saídas profesionais, onde realizar os estudos, consellos de navegación segura e o xogo A quen te pareces?
Entre os recursos que salientan o CPEIG e AMTEGA inclúese precisamente o devandito xogo, unha proposta lúdica que consiste en divulgar casos de éxito que amosan as vantaxes de apostarmos por unha carreira tecnolóxica. O xogo fai fincapé en persoeiros e experiencias TIC protagonizados por mulleres (e tamén por homes), sendo o seu obxectivo fundamental loitar contra a fenda de xénero profesional no ámbito das novas tecnoloxías (a fenda que impide por diversos motivos discriminatorios a equiparación de sexos na profesión dixital). O xogo, máis en detalle, sérvenos percorridos pola vida de persoeiros referencias no ámbito tecnolóxico, “persoas dotadas de talento, maxín, capacidade de emprendemento e creatividade e que fixeron achegas decisivas na creación de software, na ideación de Internet, na popularización das redes sociais, na creación de novas aplicacións, na procura de ferramentas dixitais máis libres e accesibles”, informan o CPEIG e AMTEGA. Polo xogo en cuestión, “pasan” investigadoras do talle de Ada Lovelace, Margaret Hamilton, Marissa Mayer, Anita Borg, Ana María Prieto, Mitchell Baker, Ángela Ruiz, Radia Perlman ou Carol Shaw.

Segunda edición

rapacinos_web.jpg

O programa Rapaciñ@s: a tecnoloxía ben segura, no que se insire o novo espazo web, percorreu xa durante dous anos toda Galicia con charlas informativas a cargo das colexiadas e colexiados do CPEIG e obradoiros infantís. Por unha banda, familias e tamén docentes atopan información e recursos de interese; por outra, nenas e nenos adquiren hábitos seguros para navegar na Rede e desenvolven a súa creatividade tecnolóxica a través de actividades pensadas para que se divirtan e aprendan. Alén destas charlas, organizáronse diferentes eventos na Cidade da Cultura con obradoiros tecnolóxicos para os cativos e conferencias de expertos en novas tecnoloxías dirixidas a pais e nais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?