Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG co-organiza o congreso María Pita DefCon
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG co-organiza o congreso María Pita DefCon

Redacción
Publicado: 12/01/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

maria_pita.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) é unha das entidades que se atopa detrás da organización do congreso María Pita DefCon, unha importante cita sobre seguridade informática e visualización da muller no eido das TIC prevista para os mes de marzo, do 6 ao 12. O devandito encontro, que se levará a cabo na Facultade de Informática da Coruña (que tamén é co-organizadora do evento), ten unha participación estimada de 500 visitantes. María Pita DefCon contará cun gran número de charlas, mesas redondas, obradoiros e concursos ao longo da semana. Cómpre engadir que na organización deste congreso se atopa un grupo de seareiros do hacking ético, incluído o propio presidente do CPEIG, Fernando Suárez. O equipo está integrado por David Albela, Uxío Fuentefría Oróns, Juan José González Cid, Raúl Oróns, Alejo Pacín Jul, Jesús Pérez Rubio, Raúl Fernando Rodríguez Rubio, Daniel Somoza, José Manuel Vázquez Naya e María Pilar Vila Avendaño.
Segundo apuntan dende a organización do María Pita DefCon, o obxectivo é dar forma ao “evento máis importante a nivel galego sobre seguridade informática e reivindicación da muller no plano tecnolóxico”.
A orixe de María Pita DefCon, que xa ten aberto o prazo de inscrición para participarmos nela, está na necesidade de seguir debatendo e no intercambio de coñecementos avanzado sobre xeitos de garantir as mellores condicións para os datos e as comunicacións no dixital. Máis polo miúdo, o novo evento vén a cubrir o baleiro deixado trala “falta de financiamento dun congreso de temática semellante que se viña celebrando ata agora na mesma localización”. A isto, sinala a organización, cómpre engadir “a alta demanda de perfís de seguridade informática dentro do sector e o interese amosado por diversas entidades, tanto públicas como privadas”. Dito doutro xeito: o mundo reclama máis expertos en salvagarda das comunicacións e coñecemento e está claro que dende a nosa terra estamos capacitados para achegarllos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?