Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os centros educativos de Arteixo presentan as súas experiencias TIC en EducaTIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os centros educativos de Arteixo presentan as súas experiencias TIC en EducaTIC

Redacción
Publicado: 18/01/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

educatic_arteixo-2.jpgO Concello de Arteixo abriu onte as portas da segunda edición do Encontro de Experiencias Arteixo Innovación, educaTIC, unha xuntanza da que falamos os días pasados en Codigo Cero e que vai destinada a pór de relevo o potencial das novas tecnoloxías da información en materia de ensino. Polo que evento, que se desenvolve ata este 19 de xaneiro nas dependencias do Centro Cívico Cultural, están a pasar xa os responsables das ferramentas dixitais que se desenvolven nos centros de ensino do termo municipal, tanto en Infantil como en Primaria, Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional.
As/os educadores implicadas/os, nestes encontros, amosarán as metodoloxías de ensino postas en marcha, amais dos obxectivos e froitos acadados. Esta vertente expositiva complementarase cunha arela marcadamente formativa: coas dita demostracións daráselle azos á aprendizaxe e ao intercambio de experiencias.
O programa, entre outras moitas cousas, inclúe unha mesa redonda na que participarán os docentes das unitarias de Arteixo de Larín, A Lagoa e Rorís, que falarán sobre as maneiras de innovar neste tipo de centros educativos. O encontro tamén contará coas experiencias de centros como o IES Sabón (os seus docentes falarán sobre a empresa na aula, baixo o epígrafe Kentucky Connection e E-MarketPLACE: as TIC es as novas formas de consumo), o CEIP Arteixo (O traballo coas novas tecnoloxías no CEIP Arteixo), o IES Manuel Murguía (Explorando a realidade aumentada), o IES Pastoriza (Contornas de traballo colaborativo. Integración das Google Apps no IES Pastoriza), o EEI Barrionovo (Os dispositivos móbiles e a impresora ·D no EEI Barrionovo) ou o CEIP San Xosé Obrero (As TIC e a Biblio van da man).
Tamén haberá conferenciantes externos de recoñecido prestixio, como Leandro Fernández Macho, director de On the Top e de Neurozona, que falará de como facer para “que os adultos entendan os cerebros adolescentes”;
Pedro Bermejo Velasco, neurólogo e presidente da Asociación Española de Neuroeconomía, que abrirá unha xanela á influencia das novas tecnoloxías nos recursos propios de aprendizaxe de cada quen; e Raquel Pedrouso, especialista en fornecer procesos de aprendizaxe en contornos profesionais e educativos, que achegará un relatorio sobre o ilimitado do poder do noso cerebro.
A maiores e de maneira complementaria, haberá unha exposición tecnolóxica emprazada na sala de exposicións e obradoiros de robótica para nenas e nenos de 6 a 16 anos (Cepillo robótico o 17 de xaneiro; Robot pintor – Lego Mindstorms o 18 de xaneiro e Canasta con contador – BBC Microbit o 19 de xaneiro).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?