Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Trivago recoñece o labor de Compostela en materia de prestixio dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Trivago recoñece o labor de Compostela en materia de prestixio dixital

Redacción
Publicado: 23/01/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

fitur_santiago_premio.jpgFinalmente e tal e como anticiparamos dende Código Cero hai uns cantos días, Compostela foi recoñecida esta fin de semana no salón FITUR de Madrid pola calidade e pola fiabilidade da súa presenza na Rede en materia en turística. Máis polo miúdo, a capital de Galicia recibiu este venres o premio ao destino con mellor reputación en liña que entrega o buscador-comunidade Trivago. No acto participaron o alcalde, Martiño Noriega; a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois; a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil; a presidenta de Turismo de Galicia, Nava Castro; e a presidenta da asociación Hostalería Compostela, Sara Santos.
Segundo fixo saber o rexedor compostelán, a distinción de Trivago demostra que “ademais do atractivo dos recursos patrimoniais, culturais e gastronómicos de Santiago, a cidade ten outro engado que ten que ver cun sector profesional que presta un servizo de excelencia”.
Pola súa banda, o voceiro de Trivago España, Alberto Calcerrada, sinalou que “o portal quere poñer en valor o esforzo dos hoteleiros de Santiago por responder ás necesidades dos viaxeiros, e polo bo uso que fan das ferramentas que lles ofrecen as plataformas dixitais para estar á cabeza do sector”.
Lembrar que os Trivago Online Reputation Awards naceron co obxectivo de recoñecer o bo traballo dos hoteleiros, atinxindo a reputación dixital como un dos factores que mellor acredita ese labor e que, tamén, máis peso ten na decisión final do viaxeiro sobre un destino concreto.
Segundo lembra o Concello de Santiago, o estudo de prestixio en liña realizado por Trivago mostra a valoración da planta hoteleira dun destino, e obtense a partir de todas as opinión deixadas por viaxeiros en Internet ás que ten acceso Trivago. Na análise tivéronse en conta máis de 9.000 cidades de todo o mundo, e un total de máis de 200 millóns de opinións. Santiago obtivo unha puntuación de 83,72 puntos, por riba de cidades como Kioto (83,4),Varsovia (83,38), Lisboa (83,16) Bogotá (82,81) ou Washington D.C (82,44).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?