Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña anuncia novos recursos para combater a violencia de xénero nas redes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña anuncia novos recursos para combater a violencia de xénero nas redes

Redacción
Publicado: 24/01/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

anxela_franco_2.jpgAs iniciativas da Deputación de Coruña contra a violencia de xénero van ter continuidade e van ir alén do acadado con Suprime o Control, do que xa temos falado en Código Cero salientando a súa vontade de actuar contra un uso discriminatorio e vexatorio das novas tecnoloxías. Así o deu a coñecer onte a responsable de Igualdade da entidade provincial, Ánxela Franco, engadindo que o novo programa (que abrangue a Suprime o Control, entre outras accións) terá desenvolvemento en vinte concellos da provincia, todos eles de menos de 20.000 habitantes.
Como lembraremos, Suprime o Control é un programa da Deputación para incentivar nos ambientes escolares o rexeitamento contra a violencia de xénero, amais da sensibilización e a formación sobre esta lacra social. A iniciativa, posta en marcha polo dito departamento, ten unha clara vertente TIC. Alén do seu propio nome, que é un xogo de palabras coa funcionalidade que no Windows nos permite pechar un programa, o programa ten na súa páxina web, suprimeocontrol.com, o seu principal alicerce.
Dende este espazo en liña achégase, de feito, toda a información sobre o proxecto, todo tipo de recursos educativos de utilidade e máis o calendario de actividades. O obxectivo é ofrecerlle ao alumnado de terceiro e cuarto da ESO, ás súas familias e ao profesorado, ferramentas coas que traballar “pola construción de identidades igualitarias”, facendo unha especial crítica ás violencias machistas na adolescencia e á súa reprodución por medio das redes sociais ou os produtos audiovisuais, etc.
A anterior edición de Suprime o Control levouse a cabo nunha ducia de concellos: Trazo, Touro, Malpica, Cerceda, Ponteceso, Boimorto, Dodro, Tordoia, Arzúa, O Pino e Mesía. O programa, sinalou Ánxela Franco, terá continuidade nos cursos 2017-2018 e 2018-2019.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?