Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Tecnópole acada o fito de 109 empresas acubilladas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Tecnópole acada o fito de 109 empresas acubilladas

Redacción
Publicado: 02/02/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

tecnopole_vista_aerea-3.jpgO Parque Tecnolóxico de Galicia, Tecnópole, vén de ir alén da barreira das cen empresas acubilladas. Este fito foi acadado no último mes, coa solicitude de incorporación de nove novas firmas a través de requirimento de domiciliación virtual, peticións que recibiron o visto bo definitivo no Consello de Administración celebrado hoxe na Tecnópole. Segundo informan fontes do Parque, esta modalidade de emprazamento virtual xa dá acollida a 27 novas iniciativas de negocio e eleva o número total de sociedades radicadas na Tecnópole a 109. Con este tipo de domiciliación, as start-ups achandan o terreo para a súa instalación in situ ou ben proseguen a súa actividade de mercado sen sede física estable pero co “extra” de estaren vencelladas á Tecnópole.
As empresas que desde hoxe forman parte da Tecnópole están especializadas en biotecnoloxía, vehículos eléctricos, novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), comercialización de equipamentos tecnolóxicos, comercio electrónico e consultoría de negocio. Segundo informa o Parque, a maior parte delas son novas iniciativas de negocio postas en marcha por empresas consolidadas tanto de dentro (como Conexiona e Tendeus) como de fóra do Parque Tecnolóxico de Galicia.
Polo que respecta á biotecnoloxía, o sector estará representado por Origo Biopharma, que se centra na investigación e o desenvolvemento de produtos e servizos farmacéuticos innovadores.
No ámbito dos vehículos sustentables, a achega vén da man de Tabao, que se adica ao deseño e fabricación de motocicletas, bicicletas e dispositivos de transporte persoal eléctrico.
As TIC e o comercio electrónico están representadas por Hubpaq e Flipaus Marketplace, centradas no ecommerce, e tamén por Between Roads, emprazada na xestión de proxectos de alicerce tecnolóxico, mediante a participación, investimento e asesoramento na busca de capital para firmas innovadoras do novo selo. Tanto Tabao, como Hubpaq, como Flipaus e Betwen Roads son produto da estratexia de diversificación da consultora TIC Tendeus, radicada na Tecnópole.
No eido da actividade comercial nas plataformas dixitais insírese igualmente Strategenial, unha firma en proceso de constitución destinada a desenvolver plataformas tecnolóxicas nos sectores de alimentación e bebidas, así como no de organización de eventos.
Pola súa banda, Txstockdata proseguirá na Tecnópole co seu proxecto para optimizar ao máximo un software con capacidade para relacionar o investimento financeiro coas redes sociais (na liña da súa aplicación Senseitrade, da que xa temos falado polo miúdo en Código Cero).
Pola súa banda, Sertelfin e Infinitus Rent, vencelladas a Conexiona, adicaranse ao subministro e aluguer de equipamento tecnolóxico baixo a modalidade de renting. Segundo informa a Tecnópole, Infinitus Rent financiará todos os proxectos de software de Conexiona en España e Portugal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?