Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello e o Campus de Pontevedra convidan á mocidade galega a converterse en Youtubeir@
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello e o Campus de Pontevedra convidan á mocidade galega a converterse en Youtubeir@

Redacción
Publicado: 06/02/2017
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

concello_campus_pontevedra_uvigo_youtubeir_s.jpgHoxe presentáronse na Casa das Campás de Pontevedra os obradoiros dunha iniciativa da que falamos os días pasados, salientando o seu importante obxectivo de fortalecer o galego nas redes sociais e entre as novas xeracións e destacando, tamén, o feito de ser unha proposta impulsada por múltiples entidades (as nosas tres universidades e unha manchea de concellos). Trátase dos cursos de Youtubeir@s, o concurso de vídeos galegos e en galego, destinado a facer que a Rede sexa un pouco como a nosa casa e unha xanela para que os demais nos vexan. Segundo fixeron saber hoxe o Concello de Pontevedra e a Universidade de Vigo, dúas das entidades co-impulsoras, trátase de facer fincapé na xuventude, a futura depositaria do galego.
Na presentación da media ducia de obradoiros, que comezan esta semana, participaron Alberto Oubiña Piai, concelleiro de Normalización Lingüística en Pontevedra e Manuel Morquecho, director da área de Extensión Cultural do Campus de Pontevedra. Segundo recalcaron, o reto consiste en “encher a Rede de vídeos en galego”. E non dun xeito calquera, senón de maneira “dinámica e entretida”.
Oubiña e Morquecho tamén lembraron que ao abeiro do dito concurso existen dúas categorías, Vídeo-facermos e Vídeo-opinarmos, dotados con premios de 1000 euros, así como catro mencións honoríficas de 500 euros. Toda esta información, recordaron, está na páxina web da iniciativa, youtubeiras.gal.
Polo que atinxe aos obradoiros, achegan vinte prazas e artéllanse en dúas sesións. Na primeira sesión formativa, dunha hora de duración, abordaranse os consellos básicos para sacarlle o maior partido á cámara dos dispositivos móbiles e consellos para transmitir as mensaxes no vídeo (guión). Na segunda sesión formativa, de dúas horas de duración, editarase o material e aprenderase a subilo a YouTube. “Entre ambas as dúas sesións”, dixeron, “hai unha semana durante a que o alumnado poderá traballar nos seus vídeos, con asistencia en liña para calquera dúbida que poda xurdir ata antes da segunda sesión formativa”.
En Pontevedra haberá seis obradoiros formativos organizados pola área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo e pola Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra. O primeiro, o 8 e o 15 de febreiro, será na Facultade de Ciencias da Comunicación. O segundo, o 8 e o 15 de marzo, será na Casa das Campás. O terceiro desenvólvese os días 13 e 20 de marzo, no Centro Social do Gorgullón (colabora a Asociación de Veciños Eduardo Pombal). O cuarto, o xoves 30 de marzo e o 6 de abril, é na Casa da Cultura de Lérez (colabora a Asociación San Bieito de Lérez). Os obradoiros quinto e sexto serán actividades dirixidas ao alumnado dos IES de Pontevedra: o 15 e 22 de febreiro para o IES Sánchez Cantón e os días 16 e 23 de febreiro para o IES Torrente Ballester.
As accións formativas estarán impartidas pola produtora audiovisual Illa Bufarda. Con elas, díxose na presentación de hoxe, “búscase achegar o proceso creativo a calquera persoa que poida estar interesada e facer accesible o uso das redes socias e da linguaxe audiovisual para a transmisión de saberes e opinións”.

Como deben ser os vídeos

Os vídeos deben ter unha duración máxima de 5 minutos, estar licenciados en creative commons (licencia aberta, feita para produtos que se queren compartir e co requisito de acreditar de autoría), producidos en galego e estar habilitados na rede social YouTube. Os e as participantes poderán concorrer a dúas categorías: Vídeo-facermos (para videotitoriais que amosen como facer cousas) e Vídeo-opinarmos (para vídeos nos que se achegue unha opinión ou valoración sobre calquera tema.
Cada unha destas categorías vai ser premiada cunha contía de mil euros e tamén se asignarán catro mencións honoríficas de cincocentos euros segundo os criterios de valoración que terá en conta o xurado, composto por profesionais da comunicación audiovisual.
“Youtubeir@s”, fixeron saber os organizadores do certame a respecto dos seus obxectivos, “ten a vontade de incrementar o uso do galego nos contidos audiovisuais dunha das redes sociais máis empregadas no mundo, a segunda con meirande nivel de uso despois de Facebook, e tamén quere incitar e facilitar que todas as persoas compartan as súas habilidades e criterios con vídeos autoproducidos”.
Youtubeir@s é unha iniciativa dos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, A Coruña, Ames, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove; e tamén das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?