Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Carnota incorpora os seus roteiros e atraccións turísticas a Google Maps
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Carnota incorpora os seus roteiros e atraccións turísticas a Google Maps

Redacción
Publicado: 13/02/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

monte-pindo-druidas.jpgO Monte Pindo e a súa frutífera interacción con Google seguen a agasallarnos novas, logo do anuncio recente do comezo das actividades da iniciativa Trekker Monte Pindo e do compromiso previo do buscador a prol da promoción desta paraxe granítica galega, nas mesmas condicións que os nosos restantes parques naturais. Pois ben, esta semana que vimos de deixar atrás soubemos que a Asociación Monte Pindo e Google consolidaron formalmente a súa colaboración para desenvolver o dito programa Trekker Monte Pindo, unha iniciativa que contará co apoio do Concello de Carnota e que encetará, ao longo do mes de abril, o mapeo exhaustivo das rutas de sendeirismo locais. En palabras da asociación, este acordo converte ao concello da Costa da Morte no primeiro en contar coas súas sendas documentais e rexistradas na plataforma Google Street View, “o que permitirá a millóns de persoas percorrelas virtualmente dende Google Maps ou Google Earth”.
Respecto do acordo en si mesmo, implica (entre outras cousas) que a compañía de Internet autoriza ao colectivo veciñal e ao voluntariado inscritos no proxecto a empregar durante o vindeiro mes de abril a específica mochila Trekker para percorrer 26 rutas (36 incluíndo as variantes que ofrece cada unha) que suman un total de aproximadamente 110 quilómetros. O colectivo veciñal disporá as principais rutas do chamado “Olimpo Celta” nesta plataforma “para todo o mundo” e con independencia “da súa procedencia ou condición física e psíquica”, informou a asociación.
monte_pindo_ruta.jpgPola súa banda, o Goberno carnotán xa fixo saber que aproveitará a ocasión para acondicionar varios sendeiros e mesmo recuperar algúns camiños veciñais en desuso ou “case esquecidos”, para incorporalos ao catálogo dos camiños peonís. “A idea”, informa a asociación, “é que Carnota incremente a súa oferta de lecer e deporte e mellorando as comunicacións sen depender do coche”, cumprindo co seu obxectivo de completar a Senda Verde, conectándoa co Pindo a través de Cornido e o Chan das Lamas, así como crear unha nova Senda Azul, conectando o norte e o sur do Concello cun sendeiro litoral.
O colectivo veciñal tamén sinala que entre os lugares que se verán proxectados nesta plataforma entran boa parte dos seus monumentos, incluíndo o Museo Aberto de Carnota cos seus sitios arqueolóxicos, a Senda Verde, os hórreos de Carnota e Lira, varios miradoiros e máis a praia de Carnota, a máis longa do noso litoral. Para máis información, hai na Rede un documento PDF habilitado con datos sobre o proxecto Trekker Monte Pindo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?