Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A First Lego League xunta este sábado en Ferrol unhas 600 persoas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A First Lego League xunta este sábado en Ferrol unhas 600 persoas

Redacción
Publicado: 17/02/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

lego_robot-2.jpgEste sábado temos unha cita coas competicións de robótica arredor de Lego, unha vertente que amplía o coñecemento que temos da marca (xeralmente ligado, pola nosa experiencia, ao fornecemento de bloques de construción ou kits de pazas para crianzas e non tan crianzas) cara aos amplos horizontes da creatividade, o enxeño e a intelixencia artificial. A cita, como fixemos saber os días pasados dende Código Cero, será no auditorio de Ferrol a partir das 9.00 horas. Trátase, máis polo miúdo, dunha nova edición da First Lego League Galicia, a proba galega clasificatoria para a gran final española que se celebra o 18 de marzo en Logroño. Organiza Universidade da Coruña, a través da Escola Universitaria Politécnica, a Facultade de Informática e a Escola Politécnica Superior de Ferrol. Segundo fai saber a UDC, a proba dará acubillo a unhas 600 persoas, das que 200 serán participantes.
A First Lego League é un programa internacional que promove a ciencia e a tecnoloxía con dous desafíos, un, o junior, para os nenos e nenas de seis a dez anos e outro para estudantes de dez a 16 anos. No que se refire ao primeiro, contará coa presenza de dez equipos, sen o desafío deseñar unha maqueta Lego e explicar nun póster o aprendido no proceso. O obxectivo é captar a curiosidade dos máis pequenos pola inventiva e a tecnoloxía.
Na sección de alumnado de dez a 16 anos, os trece equipos inscritos teñen que realizar un proxecto científico cos animais como proposta de tema e participar nunha competición de robots con Lego Mindstorms. O xurado valorará a adquisición de coñecementos e de valores compartidos. As salas do Auditorio de Ferrol acollerán desde as 9:30 as diferentes probas e ás 13:45h. o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, presidirá a entrega de premios aos gañadores.
A proba First Lego League Galicia está organizada por profesores da Escola Politécnica Superior, da Escola Universitaria Politécnica e a Facultade de Informática e 65 voluntarios que colaboran no desenvolvemento da xornada. Xa pola tarde, os alumnos participantes coñecerán, nunha visita guiada, as instalacións do Campus de Ferrol.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?