Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Barro integra e pon en marcha os recursos de eAdministración da Deputación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Barro integra e pon en marcha os recursos de eAdministración da Deputación

Redacción
Publicado: 21/02/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

concello_barro.jpgA Deputación de Pontevedra segue adiante colaborando cos Concellos que están a apostar por implantar o seu seo o sistema de eAdministración da entidade provincial. Un sistema que como sinalamos en Código Cero con motivo da súa presentación en novembro, é de balde e vai dirixido a concellos de menos de 50.000 habitantes (con libre decisión de adhesión, permanencia e saída), fornecéndoos cos medios precisos para que a cidadanía se poida relacionar coa administración local, plenamente, a través de medios telemáticos. Segundo informou hoxe a entidade que preside Carmela Silva, o proceso comezou o mes pasado para 14 concellos, dos 51 que se adheriron ao programa. Arestora a Deputación está a supervisar a integración e posta en marcha do sistema en Barro.
O deputado de Novas Tecnoloxías da Deputación de Pontevedra, Javier Dios, e o alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, puxeron hoxe en valor o proceso de implantación da Administración Electrónica na vila. O deputado provincial desprazouse ata a localidade para coñecer de primeira man xunto co rexedor municipal os resultados deste servizo impulsado pola Deputación de Pontevedra o pasado mes de xaneiro. Amais de compartir impresións, fixeron saber que no caso concreto de Barro, a sede electrónica xa se atopa dispoñible a través da páxina web do Concello.
Segundo engadiron, Barro conta con todos os módulos dispoñibles no servizo, grazas aos cales o consistorio xa dispón das ferramentas precisas para o rexistro, dun xestor de expedientes ou da propia sede electrónica para a cidadanía, entre outros recursos.
O proceso de implantación da eAdministración comezou no consistorio a mediados do mes de xaneiro e rematou o pasado mércores, día 15 de febreiro, período durante o cal se realizou a formación ao persoal municipal por parte do persoal técnico da Deputación de Pontevedra.
Javier Dios sinalou que “este é un proxecto moi importante xa que un dos obxectivos deste Goberno provincial é converter a provincia de Pontevedra nun referente tecnolóxico”. Segundo fixo saber, a iniciativa “suporá unha mellora substancial da prestación de servizos dos nosos concellos á nosa cidadanía, que é en definitiva o máis importante”. Ao fío disto, o deputado provincial felicitou a Barro e ao seu alcalde por “formar un Goberno que entende a necesidade de adaptarse aos novos tempos, que non ve a Administración Electrónica como unha obriga estipulada na lei senón que a considera un recurso necesario neste século XXI tecnolóxico no que estamos a vivir”.
Tamén lembrou que o investimento que adica a institución provincial a este proxecto sitúase preto dos 850.000 euros e, ademais, “os Concellos pódense sumar cando o crean conveniente, sen ningún prazo límite e sen ningún tipo de compromiso”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?