Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Chega a segunda edición da feira virtual galego-portuguesa de emprego universitario: Finde.U
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Chega a segunda edición da feira virtual galego-portuguesa de emprego universitario: Finde.U

Redacción
Publicado: 20/03/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_findeu.jpgEste martes 21, e ata o día 24, celébrase un evento que dalgunha maneira complementa e amplía cara a novos horizontes (horizontes dixitais e sen limitacións de espazo) os obxectivos e estratéxicas do Foro Tecnolóxico de Emprego, desenvolvido hai uns días no Campus de Vigo. Estamos a falar da segunda edición da Feira Internacional Virtual de Emprego Finde.Eu, unha cita organizada polas universidades de Vigo, Porto e Tras Os Montes e Alto Douro. Segundo puidemos saber, nela van participar máis de cen empresas procedentes de todos os recantos de Europa. Lembrar que na edición anterior concorreron 78 firmas ofertando 1.324 postos de emprego para os que se recibiron máis de 4.400 currículos. As novas tecnoloxías e a enfermería foron os ámbitos máis demandados da convocatoria de 2016.
O obxectivo da Área de Emprego da UVigo, co-organizadora, é que “durante catro días expositores de toda Europea teñan a oportunidade de entrar en contacto virtual con máis de 60.000 estudantes e 110.000 titulados e tituladas das tres universidades organizadoras”. A estes estudantes e titulados cómpre engadir os egresados doutras institucións educativas de toda Europa que se atopen na mesma situación de procura de emprego, prácticas ou oportunidades de investigación.
Na anterior edición desta feira participaron 114 expositores virtuais: 78 empresas con necesidades de contratación de persoal, 23 servizos ou puntos de información relacionados con emprego e mobilidade e 13 entidades relacionadas co ámbito da rede Eures. Dende a organización (a devandita Área de Emprego) explican que o sector con máis demanda foi o das novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación, as TIC, que copou o 32% do total dos requirimentos. A continuación situouse enfermaría, coa cuarta parte das demandas. Segundo explican o impulsores desta feira virtual, no caso das TIC a demanda é moi alta tanto en España en Portugal coma no resto de países, mentres que no caso de enfermaría a demanda vén sobre todo do estranxeiro.
Por países, os máis representativos no que a oferta de postos de traballo se refire, foron Alemaña, Reino Unido, España e Portugal, seguidos de Malta, Suecia, Noruega, Dinamarca, Holanda, Bélxica e Eslovaquia.
Ao igual ca o ano pasado, esta feira virtual completarase a finais de ano con dúas feiras presencias, unha en Porto, que se celebrará do 17 ao 18 de outubro, e outra en Vigo, do 24 ao 25 do mesmo mes.
Na primeira edición da feira, celebrada o pasado mes de novembro, ao longo das catro xornadas nas que se prolongou este actividade, preto de 5.000 estudantes das universidades de Vigo, Porto e Tras- Os-Montes e Alto Douro visitaron os stands das máis de 120 empresas e institucións que participaron.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?