Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O hipersector TIC galego dá emprego a 21.255 persoas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O hipersector TIC galego dá emprego a 21.255 persoas

Redacción
Publicado: 20/03/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

eadministracion_dixital-3.jpgO panorama galego TIC segue a ser fonte de boas novas. Se hai uns días reflectíamos un informe de Telefónica no que se daba conta do medre do uso de Internet en boa parte dos eidos sociais e económicos, esta fin de semana o Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (OSIMGA) vén de presentar unha nova investigación sobre o hipersector TIC galego na que se pon de manifesto o seu bo estado de saúde e a súa importancia para o tecido produtivo e laboral da nosa terra. Segundo se fai saber no estudo, o ámbito tecnolóxico-dixital galego concentra hoxe un total de 3.320 empresas e dá emprego a 21.255 persoas. Estas cifras sitúan a Galicia no quinto posto estatal a nivel de volume de empresas (se ben, todo hai que dicilo, o noso “forte” son as microempresas, a maior parte do total).
Polo que se refire ao medre deste hipersector, en 2015 rexistrou 122 novas firmas. Isto fornece unha taxa de crecemento de 3,4%. Ese ano, 2015, marcou un máximo na cifra de altas dende 2011.
Segundo se detalla na informe, o hipersector TIC está integrado nun 73,4% por empresas do sector tecnolóxico e nun 26,6% por empresas do sector de contidos e servizos audiovisuais.
Respecto do emprego, o informe sinala que tamén houbo suba dende 2014, situándose a cifra, hoxe en día, nas/os 21.255 traballadoras e traballadores. O medre no emprego no último ano prodúcese tanto no subsector TIC (2,6%) como no de contidos (2,2%). O subsector TIC emprega ao 75,7% do total dos traballadores/as do hipersector.
Atendendo ao réxime de cotización dos traballadores o 81,8% cotizan no Réxime Xeral e un 18,2% desenvolveu o seu traballo baixo o Réxime Especial de Autónomos no ano 2016, un 3,7% menos que en 2015.
No que atinxe ao peso sobre o PIB galego, mantense ao redor do 2,2%, porcentaxe que se distribúe entre o 1,8% que representa o sector TIC e o 0,4% do sector Contidos.
As exportacións de bens do hipersector TIC en Galicia achegáronse no ano 2015 aos 73 millóns de euros, fronte aos 57 millóns de euros do ano 2014, o que representa un incremento do 26%.
Respecto da aposta pola Innovación e o Desenvolvemento, o investimento en I+D no 2015 por parte das empresas galegas ascendeu a máis de 496 millóns de euros. No informe sinálase que isto “representa o 3,8% do total estatal, incrementándose progresivamente nos últimos dous anos”. E engádese: “Galicia é a sétima Comunidade Autónoma que realiza un maior esforzo en gasto de I+D, que representa o 0,89% do seu PIB”.
Centrándose especificamente no Hipersector TIC, o investimento en I+D ascenderon a 41 millóns de euros no ano 2014, medrando un 13,1% respecto do ano 2013.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?