Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Até dez polígonos coruñeses estrearán este ano velocidades de ata 350 Mbps
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Até dez polígonos coruñeses estrearán este ano velocidades de ata 350 Mbps

Redacción
Publicado: 21/03/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

amtega_coruna_plan_de_banda_larga_r_poligonos.jpgO operador R e a axencia AMTEGA presentaron este martes as actuacións para dotar de Internet ultrarrápida aos polígonos industriais da provincia da Coruña, ao abeiro do Plan de Banda Larga do Goberno galego. Estas actuacións comezaron en 2016 e desenvolveranse ata 2018. No acto de hoxe, que serviu de complemento ao celebrado onte (no que se deron a coñecer as actuacións do Plan nos complexos industriais pontevedreses), fíxose saber que os traballos da compañía R (despregues de fibra óptica ata o fogar, tecnoloxía FTTH), incorporarán 10 polígonos coruñeses á listaxe de complexos galegos que en virtude do dito Plan xa contan con velocidades de ata 350 Mbps. Estes datos foron achegados pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira, o director xeral de R, Alfredo Ramos, e o delegado da Xunta en A Coruña, Ovidio Rodeiro.
Entre outras cousas, lembraron que en 2016 os traballos equiparon con redes de última xeración seis polígonos da provincia. A previsión en 2017 é abranguer 10 novos polígonos, estando programada a incorporación doutros 9 en 2018.
En termos máis concretos de características técnicas, as empresas residentes nestas contornas estarán en disposición de contratar servizos de Internet a través de fibra óptica cunhas velocidades de ata 350 Mbps de baixada e 35 de suba, e cunha garantía de caudal do 80% sen límite de descargas.
“Unha vez completado o Plan”, sinalaron os participantes na rolda de prensa de hoxe, “o 98% das superficies empresariais ocupadas da provincia terán acceso a redes de máis de 100Mbps”. Na sesión cos medios, AMTEGA lembrou ademais que vén de abrir unha convocatoria de axudas para dotar de redes ultrarrápidas a empresas e autónomos das zonas máis illadas do rural.
Na rolda, R recordou que pon a disposición das empresas dos polígonos “a tecnoloxía precisa para acometer a súa transformación dixital”. Ou sexa, servizos e solucións na nube como por exemplo a videoconferencia, o acceso á Internet das Cousas (IoT) ou os procedementos do que se coñece como Industria 4.0, vencellados a conceptos e metodoloxías como a eficiencia enerxética, o control de intrusións nas edificacións, os servidores virtuais e a analítica de datos (Big Data), entre outros eidos. “Todas estas cousas e outras moitas máis”, explicou a compañía de raizame galega, “son posibles grazas ás vantaxes das redes FTTH (Fiber To The Home) que levan a fibra óptica ata a propia empresa nestes polígonos xa conectados ás redes ultrarrápidas de R”.
Pola súa banda, Mar Pereira recordou que ao abeiro do dito Plan, en 2016, completouse o despregue en 17 polígonos en toda Galicia, estando previsto cubrir este ano outros 30 e en 2018 os 34 restantes. “Deste xeito”, engadiu, “no ano 2018, un total de 130 polígonos, nos que se concentra case o 93% da superficie empresarial ocupada, disporán de acceso a redes de máis de 100 Mpbs”.
Tamén fixo fincapé en que para aquelas empresas que estean fóra dos recintos fabrís ou en zonas illadas, o Plan de Banda Larga tamén abrangue unha convocatoria de axudas para subvencionar ata nun 100% os custos das tarefas necesarias para dotar de banda larga ultrarrápida as devanditas empresas afastadas, ata un máximo de 20.000€ por beneficiario.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?