Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Santiago acollerá en outubro unha xuntanza europea de cidades smart
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Santiago acollerá en outubro unha xuntanza europea de cidades smart

Redacción
Publicado: 24/03/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

santiago_smarter_togheter.jpgO Concello de Santiago vén de avanzar un novo treito no seu camiño cara a contornas de traballo máis smart. Ou sexa, cara a un punto de inflexión onde todo o que se faga en relación coa vida pública sexa mellor xestionado, máis eficiente, máis sustentable e máis transparente. Parte deste camiño estase percorrendo da man do Concello de Coruña (o seu proxecto compartido de Plataforma de Goberno Aberto) e parte del, ao abeiro do proxecto europeo Smarter Together. Respecto desta última iniciativa, a participación de Santiago traducirase en cousas como o intercambio de experiencias de implantación de tecnoloxías intelixentes con outras cidades dos países membro (haberá partillado de recursos smart destinados a mellorar a calidade de vida nos ámbitos urbanos). Onte, sen ir máis lonxe, celebrouse en Compostela unha xuntanza ao abeiro de Smarter Together destinada a afondar no desenvolvemento da estratexia.
Entre outras cousas, anunciouse que en outubro a cidade galega acollerá un gran encontro de socios, estando programado asentar os alicerces para crear unha plataforma de comunicación e intercambio de experiencias.
A xuntanza estivo centrada na área específica da implicación cidadá no proxecto. Tamén se avanzou no deseño dun plan de comunicación e dunha campaña divulgativa ao redor do Smarter Together (tarefas nas que están a participar técnicos de diferentes departamentos municipais).
Asemade, lembrouse que proxecto Europeo Smarter Together ten “como obxectivo mellorar a calidade de vida nas cidades a través das tecnoloxías intelixentes”. As áreas de traballo nas que se vai desenvolver inclúen os seguintes eidos: plataforma integrada de datos, participación e compromiso cidadán, rehabilitación enerxética en edificios, mobilidade sustentable, redes de auga quente sanitaria e calefacción centralizadas (district heating) e enerxías renovables.
Compostela é socia a título de “cidade seguidora”, xunto con Venecia e Sofía. O proxecto está liderado por Lyon, Múnic e Viena, que será onde se poñan en marcha ao longo de cinco anos as accións financiadas con 29 millóns de euros de fondos europeos do programa Horizon 2020.
Santiago, como “cidade seguidora”, terá a oportunidade de participar para elaborar unha estratexia para unha cidade intelixente, coa colaboración de axentes internos do propio Concello e de axentes externos (cidadanía, asociacións, empresas).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?