Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lugo quere estar na vangarda dixital co seu Edificio de Novas Tecnoloxías
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lugo quere estar na vangarda dixital co seu Edificio de Novas Tecnoloxías

Redacción
Publicado: 27/03/2017
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

lugo_edificio_novas_tecnoloxias_participantes_inauguracion.jpgFinalmente e tal e como anunciamos dende Código Cero, inaugurouse o venres 24 o Edificio de Novas Tecnoloxías de Lugo, un centro TIC ao servizo da cidadanía para, en palabras do Concello, situar a cidade na vangarda dixital. Amais de fornecer gratuíta e libremente tecnoloxías e servizos (computadores, accesos, programas, etc) para que a veciñanza saque o máximo proveito da Sociedade do Coñecemento, un dos obxectivos que alentaron a posta en marcha do Edificio foi a vontade do Concello de dinamizar o casco histórico e asentalo como referente de cara ás cuestións tecnolóxicas locais. Máis en detalle, con esta nova infraestrutura pública no corazón da zona vella (trátase dun inmóbel anexo ao consistorio, recentemente remodelado), o Goberno local “ten vontade de achegar un punto neurálxico dos recursos tecnolóxicos da cidade, dirixido a todos os públicos e de todas as idades”.
O inmóbel foi inaugurado na tarde do día 24 pola alcaldesa Lara Méndez, e a concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, nun acto no que tamén estiveron presentes membros da Corporación Municipal e o presidente da Deputación, Darío Campos, entre outros representantes das administracións e das entidades locais.
Segundo informou a alcaldesa, a posta en marcha do edificio de novas tecnoloxías e do Vello Cárcere como centro cultural, a vindeira semana, supoñen o colofón final ao Plan Urban, un programa de investimento de 13 millóns de euros que nas súas palabras “marcou un antes e un despois en Lugo” e que, engadiu, “transformou a cidade, recuperou espazos públicos para o uso dos cidadáns e puxo en valor a riqueza arqueolóxica que posúe a cidade e o concello”, subliñou a rexedora.
As obras de posta a punto do Edificio de Novas Tecnoloxías, que supuxeron a ampliación da casa consistorial, contaron cun orzamento de 330.500 euros, aos que hai que engadir os 495.000 que custaron as expropiacións e indemnizacións, outros 95.000 investidos na demolición e traballos arqueolóxicos e 65.250 do equipamento informático, é dicir, un orzamento total de preto dun millón de euros. As tarefas realizáronse en dúas fases, financiadas con cargo aos fondos do Plan Urban, que co-financia nun 80% a Unión Europea, a través dos fondos FEDER, e que conta tamén con achegas do Concello e a Deputación de Lugo.
lugo_edificio_novas_tecnoloxias_inauguracion.jpgEsta actuación implicou a expropiación de dous pequenos edificios situados a carón do concello para construír e realizar os equipamentos de primeira instalación dunha dotación dedicada a usos relacionados coa sensibilización das novas tecnoloxías, con actividades dirixidas tanto á cidadanía como a empresas. Entre as alternativas que ofrece, ten unha biblioteca especializada en TIC, aula para a formación, espazo para uso de dispositivos electrónicos propio, área de navegación e sala multiusos equipada para videoconferencias e bucle magnético para persoas con deficiencia auditiva.
O equipamento informático co que conta son: 36 ordenadores, 3 impresoras, dous televisores, dous soportes para televisor e seis licenzas de programas e software informáticos.
As instalacións
O inmóbel acabado de estrea conta cun andar baixo, onde se empraza un espazo de atención ao público, con un sofá, mesa e cadeiras para os usuarios (equipamentos realizados por ASPNAIS), e unha zona para cargar dispositivos. Así mesmo, hai equipos informáticos a disposición de usuarios e unha biblioteca cuns 350 libros sobre seguridade informática, software, programación, etc, que está integrada coa municipal. No primeiro andar atópase unha aula de usos multimedia, así como unha sala de ordenadores, e na segunda, outra sala de ordenadores. Todo edificio conta con acceso sen fíos Wi-Fi cen por cen accesible e gratuíto para a cidadanía.
O valor histórico do inmóbel
No andar baixo do predio acabado de remodelar, este acubilla un tesouro que nada ten que ver co tecnolóxico pero que, de calquera maneira, acrecenta o valor do edificio como referente da vindeira dinamización social do casco vello lucense. Trátase dos restos dunha basílica romana, en palabras do Concello “a única mostra visible do Foro Romano da cidade”. Trátase, máis en concreto, dun muro perimetral da nave central da basílica, e outro que é paralelo a este e que se empregou como alicerce para algunha estrutura que os técnicos non deron identificado. O muro de peche ten un grosor de 1,30 metros e está composto por opus caementiciumn, un tipo de formigón romano composto de cantos de río e típico da zona norte, na base e por laxes de lousa na parte superior. O outro muro, máis pequeno, dun metro de anchura, serviría como base para poñer un acceso ou para a instalación de estatuas.
De cara a converter Lugo en punto neurálxico da tecnoloxía
O Goberno de Lugo fixo saber, con motivo da inauguración do Edificio, que “ten vontade de converter este edificio de novas tecnoloxías no punto neurálxico dos recursos tecnolóxicos da cidade, dirixido a todos os públicos e de todas as idades, dende mozos a maiores, ben sexan ou non profesionais, e tamén empresarios, emprendedores ou asociacións”. E engadiu Rosana Rielo: “Ninguén é alleo ás vantaxes que supoñen as novas tecnoloxías na sociedade actual, por esta razón o Concello programará distintas accións formativas, tanto a nivel básico como máis técnico, co obxectivo de mellorar as competencias dixitais dos interesados e impulsar o seu desenvolvemento no ámbito da tecnoloxía, ofrecéndolles a todas as persoas interesadas todas as ferramentas coas que conta dito edificio”. Con esta finalidade, engadiu, “tamén se levarán a cabo xornadas divulgativas ou obradoiros, atendendo ás demandas”.
Horario
O edificio, que pasa a depender da área municipal de Concello e Cidadanía, estará aberto ao público dende o vindeiro luns, día 27, e con horario de luns a sábado, de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 21:00 horas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?