Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Catro polígonos de Ourense contarán este ano con redes ultrarrápidas de R
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Catro polígonos de Ourense contarán este ano con redes ultrarrápidas de R

Redacción
Publicado: 31/03/2017
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

delegada_directora_amtega_director_xeralr1.jpgLogo das presentacións das vindeiras actuacións (para 2017 e tamén para 2018) previstas para as provincias de Pontevedra, A Coruña e Lugo, hoxe foi a quenda de avanzar o que ten “preparado” o Plan de Banda Larga da Xunta para os polígonos industriais de Ourense que aínda non contan con velocidades de Internet avanzada, ou sexa, con acceso ultrarrápido á Rede. Na cita de hoxe participaron a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira, o director xeral de R, Alfredo Ramos, e a delegada da Xunta en Ourense, María Sol Díaz. Segundo fixeron saber, o dito plan fornecerá este ano infraestruturas avanzadas de conexión a 4 polígonos da provincia ourensá. Isto traducirase, en parte, en velocidades de ata 350 Mbps. Esta liña de actuacións (o subministro de tecnoloxías de fibra óptica FTTH por parte do operador de orixe galega R) xa comezaron en 2016, coa incorporación, ese ano, de 3 complexos industriais á listaxe de complexos “equipados á última”. En 2018 sumaranse outros catro. En total, 10.
No acto, coma nas presentacións anteriores, AMTEGA lembrou que para as empresas e autónomos emprazados nas zonas máis illadas, non nos ditos polígonos, a axencia ten en marcha unha convocatoria complementaria de axudas para equipamento de redes ultrarrápidas.
Asemade, lembrouse tamén que as empresas dos polígonos beneficiados desta actuación do plan poden contratar servizos de Internet a través de fibra óptica cunhas velocidades de ata 350 Mbps de baixada e 35 de subida, e cunha garantía de caudal do 80% sen límite de descargas.
Ademais, R fixo saber que grazas á tecnoloxía posta en xogo da súa man (redes de fibra óptica FTTH de tipo Metro, RfoG ou GPON) e os servizos engadidos que achegan ponse a disposición das empresas dos polígonos “a tecnoloxía precisa para acometer a súa transformación dixital”. Ou sexa, servizos e solucións na nube como por exemplo a videoconferencia, o acceso á Internet das Cousas (IoT) ou os procedementos do que se coñece como Industria 4.0, vencellados a conceptos e metodoloxías como a eficiencia enerxética, o control de intrusións nas edificacións, os servidores virtuais e a analítica de datos (Big Data), entre outros eidos. “Todas estas cousas e outras moitas máis”, explicou a compañía de raizame galega, “son posibles grazas ás vantaxes das redes FTTH (Fiber To The Home) que levan a fibra óptica ata a propia empresa nestes polígonos xa conectados ás redes ultrarrápidas de R”.
delegada_directora_amtega_director_xeralr02.jpgAMTEGA, pola súa banda, fixo saber que en 2016 completouse o despregue das ditas tecnoloxías en 17 polígonos en toda Galicia. En 2017 o roteiro consiste en cubrir outros 30 e en 2018 os 34 restantes. “Deste xeito”, explicou Mar Pereira, “no ano 2018, un total de 130 polígonos, nos que se concentra case o 93% da superficie empresarial ocupada, disporán de acceso a redes de máis de 100 Mpbs”. Segundo engadiu, o resto cubriranse nas seguintes actuacións previstas no plan.
Lembrar que a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), subvenciona estes traballos cunha axuda de 3,4 millóns de euros, que xerarán un investimento total de de 5,2 millóns de euros. Estas subvencións co-fináncianse ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).
Como dixemos, tamén haberá recursos complementarios para as empresas e autónomos que estean emprazados lonxe dos devanditos polígonos. “Para aquelas empresas que están fóra dos recintos industrias e en zonas illadas”, explicou Pereira, “AMTEGA vén de poñer en marcha unha nova medida do Plan de Banda Larga, unha convocatoria cun orzamento de 500.000 euros, que se poderá ampliar ata un máximo de 1 millón de euros, en función da demanda”. Estas axudas, sinalou, subvencionarán ata o 100% dos custos das tarefas necesarias para dotar de banda larga ultrarrápida á empresa, ata un máximo de 20.000 euros por beneficiario (porén, os proxectos deberán ter un custo mínimo de 2.000 euros). Estas subvencións co-fináncianse ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?