Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A aceleradora Conector Galicia abre a súa primeira convocatoria
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A aceleradora Conector Galicia abre a súa primeira convocatoria

Redacción
Publicado: 06/04/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

conector_galicia_img_7938.jpgA aceleradora de novas firmas innovadoras Conector Startup Accelerator vén de dar máis pasos a prol do seu afianzamento pleno e activo na nosa terra, logo do primeiro anuncio da súa aposta galega, do que dimos conta en Código Cero o pasado mes de novembro. Segundo informaron hoxe os impulsores de Conector Galicia (entre os que se atopa un socio local, Lalo García, fundador de propostas de innovación tan salientables como Lancetalent, Knowledge Investors e a plataforma de préstamo de libros electrónicos Xebook), a iniciativa vén de abrir a súa primeira convocatoria (ata o 15 de maio) para o programa de aceleración de seu. Conector Galicia convértese deste xeito e coa colaboración da Xunta nunha nova aceleradora dentro da Rede de Aceleradoras de Galicia.
A súa actividade centrarase na procura de novas firmas innovadoras (start-ups) tecnolóxicas en fase semente (fase seed) e “con potencial de medre e cun equipo formado”. O programa pasa por poñer en marcha a fase de aceleración no mes de xuño. “Buscamos proxectos co equipo formado e o líder claro, startups con potencial de evolución e de internacionalización”, sinala o equipo impulsor de Conector Galicia, engadindo que a partir do 15 de maio, data de peche do prazo para a recepción de propostas, preseleccionaranse os proxectos que logo serán presentados ante os mentores de Conector no Startup Day, evento privado onde os socios e mentores votarán e elixirán as propostas que merecen entrar no programa de aceleración propiamente dito.
Durante os 5 meses que dura a dita fase de impulso, os emprendedores seleccionados recibirán unha serie de servizos que lles permitirán acelerar o seu crecemento. Nun plano máis específico, as novas firmas que entren en Conector Galicia recibirán charlas de formación, espazo de co-working de balde, apoio por parte de profesionais, entrada ao ecosistema emprendedor estatal, acceso á rede de investidores de Conector e ao asesoramento do seu board de mentores (“formado”, en palabras dos responsables da palestra empresarial, “polos mellores profesionais do sector dixital galego e español”. O programa culminará co Demo Day, un evento privado no que os emprendedores terán a posibilidade de presentar a súa proposta diante dos investidores e os business angels.

Colaboración con Abanca

Como recordaremos, o pasado mes de febreiro o centro Abanca Innova recibiu formalmente no seu programa de aceleración a Conector Startup Accelerator.
Froito disto é o Programa de Aceleración Abanca Innova by Conector, que procurará apoiar e acelerar o crecemento de proxectos en fase semente de sectores vencellados á banca (fintech, insurtech, regtech, Big Data, blockchain…) e aplicará a metodoloxía Conector de xeito presencial, estando aberta a recepción de solicitudes para participar neste programa que botou a andar o 20 de marzo. As startups seleccionadas recibirán ata 20.000 euros a través dun préstamo participativo, beneficiándose tamén os proxectos acelerados das axudas das empresas colaboradoras da aceleradora, terán acceso á rede de networking de Conector, recibirán charlas de formación semanais e terán un panel de mentores de seu, formados por expertos en diferentes áreas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?