Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Guarda presenta a súa plataforma de eAdministración
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Guarda presenta a súa plataforma de eAdministración

Redacción
Publicado: 07/04/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

a_guarda_sede_electronica_concello.jpgSeguimos a dar conta de concellos galegos que se afianzan plenamente na Administración Electrónica, con todo o que isto implica (cousas como sede dixital de seu, tramitacións en liña, transparencia gobernamental, participación cidadá, etc). Desta volta informamos da dixitalización afrontada polo Concello da Guarda, que vén de presentar, precisamente, a súa nova ferramenta de Administración Electrónica, unha iniciativa que contou co respaldo da Deputación de Pontevedra (achegando unha plataforma específica que xa foi implantada plenamente, polo de agora, na Guarda e en preto dunha vintena de concellos máis). Segundo informou o Goberno local, a partir de agora as veciñas e veciños poderán “interactuar co seu Concello e realizar trámites administrativos sen saíren da súa casa”.
O obxectivo da integración desta ferramenta foi “modernizar a xestión administrativa e fornecer aos cidadáns a posibilidade de realizar xestións a través de Internet”.
O Concello tamén informou de que con esta nova sede dixital, ademais, cumpre a Lei 11/2007 de Acceso Electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos, que entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2010 e que se consolidou na Lei 39/2015 e 40/2015 que outorga o dereito aos cidadáns de contaren cunha Administración Electrónica, resolutiva e capaz de relacionarse con eles sen esperas e desde calquera lugar.
A nova plataforma foi implantada na Guarda pola empresa española esPublico, especializada en servizos xurídicos e na modernización administrativa para a Administración Local, e que conta xa con máis de 4.600 concellos en toda España e clientes en todas as provincias do Estado. Segundo informa o Goberno guardés, a ferramenta Xestiona de esPublico (que é a que se emprega no plan de eAdministración para os concellos da Deputación de Pontevedra), salienta pola “súa sinxeleza e pola súa facilidade de uso, tanto para o funcionario como para o público, o que se combina coa máis innovadora tecnoloxía e o estrito cumprimento da lei”.
Entre outras cousas, permite a posibilidade de realizar rexistros electrónicos e expedientes dixitais dentro do Concello e habilita unha oficina virtual para o cidadán na que, ademais de iniciar os seu trámites, pode consultar en todo momento o estado da súa solicitude.
A nova sede electrónica da Guarda está dispoñible en aguarda.sedelectronica.gal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?