Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Até 60 empresas e entidades participaron na xornada sobre TIC, emprego e loxística da UDC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Até 60 empresas e entidades participaron na xornada sobre TIC, emprego e loxística da UDC

Redacción
Publicado: 25/04/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

udc_xornada_tic_emprego_loxistica.jpgFinalmente celebrouse hoxe no paraninfo da Reitoría da UDC a xornada sobre TIC, loxística e emprego que anunciabamos dende Código Cero facendo referencia ao seu potencial como fonte de información para afondarmos (a través de dous informes presentados no seu transcurso) nas posibilidades de xerar postos de traballo na Coruña a través da devandita confluencia entre novas tecnoloxías e sistemas e iniciativas nos que se coordinen recursos humanos e técnicos. A cita foi inaugurada polo reitor, Julio Abalde, e o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro. Na xornada participaron representantes dunhas 60 empresas e entidades que desenvolven políticas de emprego na cidade galega e na súa contorna, entre eles o presidente da consultaría e servizos TIC Altia, Tino Fernández.
Na súa intervención, Abalde explicou a función do Observatorio Ocupacional da UDC, que dirixe a profesora da área de Fundamentos da Análise Económica, María Jesús Freire Seoane. Este cometido, sinalou, non é outro que exercer de recurso continuo e exhaustivo de seguimento acerca da inserción laboral dos titulados, un ámbito, o da inserción, no que a “UDC segue a destacar nas diferentes clasificacións de empregabilidade así como de emprendemento”, engadiu o reitor.
Abalde tamén salientou as oportunidades de acción que se abren cos dous informes presentados na sesión (Prospección de sectores xeradores de emprego na área metropolitana da Coruña: TIC e Loxística realizado polo Observatorio Ocupacional da UDC, e máis o Estudo sobre a situación da igualdade entre mulleres e homes no hipersector TIC, realizado pola Fundación Mulleres) non só “polos datos obxectivos que poden achegar”, senón porque “encadran perfectamente dentro das áreas de especialización coas que pretende dotarse o Campus da Coruña”. Estas áreas de especialización son, como lembraremos, o Campus Innova, relacionado co sector novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), e o Campus da Sustentabilidade, vencellado á Responsabilidade Social, entre outros recursos. Abalde felicitou ao Concello da Coruña pola xornada e por promover estes dous estudos.
Pola súa banda, o alcalde resaltou que estes informes “servirán para poñer en marcha mecanismos que incidirán na creación de emprego e na busca de oportunidades para aqueles colectivos con maiores dificultades á hora de acceder ao mercado laboral”. Ferreiro lembrou que “a prosperidade das nacións créase, non se herda, e depende da capacidade dos sectores de actividade para innovar e progresar”. Traballos coma estes, sinalou o rexedor, “son a vía para conseguir camiñar cara a unha cidade máis igualitaria, máis innovadora e máis responsable”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?