Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Universidades de todo o ámbito estatal debateron en Compostela sobre seguridade informática
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Universidades de todo o ámbito estatal debateron en Compostela sobre seguridade informática

Redacción
Publicado: 08/05/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

usc_tic_crue_xuntanza.jpgA pasada semana, o 5 de maio, rematou finalmente a xuntanza compostelá dos integrantes da Sectorial TIC da Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE), reunión da que falamos os días pasados dende Código Cero, salientando a importancia de acubillar dende a nosa terra o debate acerca do que será o futuro tecnolóxico-dixital das universidades estatais. Ou sexa, a importancia de ser Compostela a orixe destes roteiros TIC. Amais da xuntanza asemblearia da Sectorial, a USC tamén serviu de escenario a unhas xornadas sobre a seguridade dos datos no eido dos campus. Segundo lembra a Universidade de Santiago, este grupo específico de traballo da CRUE ten como cometido “o estudo das necesidades e aplicacións destas tecnoloxías na xestión, a docencia e a investigación, propoñendo actuacións e proxectos conxuntos”.
Os membros desta comisión sectorial, na súa maioría responsables das estratexias tecnolóxico-dixitais das universidades españolas, compartiron durante dous días recursos e coñecemento arredor, sobre todo, da seguridade dixital. Na sesión do venres 5 de maio, Miguel Amutio, do Ministerio de Facenda e Función Pública, e Javier Candau, do Centro Criptolóxico Nacional, trataron o Esquema Nacional de Seguridade, mentres que a protección de datos de carácter persoal foi o tema que analizaron Andrés Calvo, da Axencia Española de Protección de Datos, e Vicente Andreu e Ricard Martínez, das Universidades Jaume I e Valencia, respectivamente.
A Comisión Sectorial de TIC da CRUE abrollou a finais de 2003 co nacemento dun grupo de traballo no seo da CRUE sensibilizado acerca do alcance e implicación das tecnoloxías da información nas universidades. En 2007 creouse finalmente esta comisión, encargada de elaborar e publicar o informe anual UNIVERSITIC de análise das TIC nas universidades españolas. Segundo informa a USC este documento (que vai polos 11 volumes) recolle o estado detallado do Sistema Universitario Español en relación coas TIC e ten como obxectivo a análise e planificación estratéxica das universidades españolas. O último UNIVERSITIC, correspondente a 2016, corrobora a aposta das universidades polas novas tecnoloxías como soporte e apoio da docencia: “A docencia virtual, a xestión de licencias software para docencia e o soporte a aulas de informática de uso docente están implantados practicamente en todas as universidades”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?