Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Jon Torrado é o novo co-conselleiro delegado de GamersWalk
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Jon Torrado é o novo co-conselleiro delegado de GamersWalk

Redacción
Publicado: 11/05/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

gamerswalk_4.jpgGamersWalk, a innovadora plataforma de eSports nacida en Galicia, continúa en plena expansión e o seu consello de administración vén de nomear a Jon Torrado como novo co-conselleiro delegado da empresa. O ata hoxe CTO da compañía manterá as súas funcións de carácter técnico, do mesmo xeito que Manuel Alexandre Rivas, o outro co-conselleiro delegado encargado da área de deseño.
Jon Torrado, enxeñeiro informático con máis de dez anos de experiencia en xestión de equipos e no ámbito dos eSports, aposta polo crecemento da plataforma e a súa internacionalización. «Estamos a traballar de forma eficaz, creando valor cada día, implantando novas melloras para a usabilidade da plataforma e a acollida que estamos a ter entre os usuarios está a ser moi positiva», salienta Torrado. Durante as vindeiras semanas introduciranse melloras que complementarán un produto que conecta directamente aos usuarios cos seus streamers e eventos favoritos para dar un valor engadido á súa experiencia.
En apenas catro meses, GamersWalk conseguiu superar os 50.000 usuarios, un fito sen precedentes no mercado español. Actualmente, está en pleno auxe e os datos solicitados nos seus primeiros meses de vida superan con fartura os obxectivos marcados ao comezo da súa versión 1.0, lanzada en decembro. «A día de hoxe estamos a crecer a un ritmo constante de practicamente 500 usuarios diarios, o que dá unha idea do gran crecemento que estamos a experimentar», desvela Jon Torrado. Ademais, a plataforma suma máis de 100 streamers que apostan polo sistema interactivo para dar un valor engadido ás súas retransmisións e superar as barreiras que antes existían na canle comunicativo coa súa audiencia.
Despois da recente entrada do fundador de Carbures, Rafael Contreras, a plataforma de deportes electrónicos supera os 1,8 millóns de euros de investimento en apenas dous anos de vida. Con base en Galcia a plataforma conta cun equipo de máis de 30 expertos que traballan para perfeccionar unha plataforma única que xa rexistra picos de audiencia de máis de 4.500 usuarios simultáneos nun mesmo streaming.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?