Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Edificio de Novas Tecnoloxías de Lugo acolleu unha xornada sobre economía sustentable
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Edificio de Novas Tecnoloxías de Lugo acolleu unha xornada sobre economía sustentable

Redacción
Publicado: 11/05/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

edificio_novas_tecnoloxias_lugo_desenvolvemento_sostible_xornada.jpgO Edificio de Novas Tecnoloxías de Lugo, de cuxa inauguración oficial falamos en Código Cero o pasado 27 de marzo, está xa a pleno rendemento fornecendo un punto onde achegar á cidadanía ás novas tecnoloxías e, tamén, un espazo de reflexión e debate arredor destas ferramentas e de todos os temas que lles son lindeiros ás TIC. Por exemplo a actividade económica e produtiva responsable co social e co medio ambiente, un ámbito que está a atopar nas redes novos xeitos de xuntar forzas, facer fronte común e impulsar mensaxes. Este mércores, sen ir máis lonxe, o Edificio acolleu a xornada aberta Contribuíndo aos obxectivos de desenvolvemento sustentable a través do consumo responsable e o comercio xusto.
A concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, foi a encargada de inaugurar o acto, unha cita na que tamén interviron representantes de IDEAS e de Lugo Xusta. Na xuntanza, a edil lembrou os pasos dados ata o de agora para conseguir ser Cidade polo Comercio Xusto, ademais de convidar á cidadanía a practicar un consumo responsable. Esta xornada, enmarcada dentro da I Semana Intercultural de Lugo organizada polo Concello e o colectivo Lugo Xusta, busca “dar a coñecer experiencias que permitan desenvolver políticas comprometidas co desenvolvemento sostible local e mundial, coa arela de favorecer actitudes solidarias entre a cidadanía”. As conferencias desta xornada correron a cargo de David Comet, membro de IDEAS e coordinador da campaña Cidades polo Comercio Xusto, Paula López, da Universidade de Cantabria, Silvana Folgueira, da USC, e Marta Pérez, da asociación Bico de Grao.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?