Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A plataforma eMonte, premiada pola Deputación da Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A plataforma eMonte, premiada pola Deputación da Coruña

Redacción
Publicado: 15/05/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

premios_deputacion_coruna.jpgA plataforma dixital eMonte.es, unha iniciativa compostelá dirixida a tirar partido das novas tecnoloxías para favorecer a compravenda de madeira na nosa terra, vén de ser recoñecida pola Deputación da Coruña nos seus premios ás mellores propostas empresariais da provincia. O galardón foille concedido á plataforma de Santiago na noite deste 13 de maio, de mans do presidente da Deputación, Valentín González Formoso. Como lembraremos, eMonte é un proxecto innovador que pon en xogo un servizo tecnolóxico a xeito de comunidade onde se axiliza a compravenda de madeira entre propietarios e propietarias forestais e empresas. Ao mesmo tempo, lóitase por recuperar os nomes tradicionais do monte galego e máis os usos racionais e respectuosos co medio.
Na I Edición dos Premios ás Mellores Iniciativas Empresariais da Provincia, celebrada e resolta na Finca Montesqueiro de Oleiros, tamén se outorgou un galardón a Encapsulantes de Valor Añadido (EVASA), que foi recoñecida como a mellor iniciativa empresarial consolidada. A compostelá eMonte obtivo o premio na categoría de empresas novas, de menos de doce meses de antigüidade. Cada unha das galardoadas recibiu un premio de 25.000 euros.
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, foi o encargado de entregar os galardóns a ambas as dúas empresas, das que salientou a súa “gran capacidade de innovación, un compoñente que levan inscrito no seu ADN e que lles permitiu destacar entre as 70 empresas que se presentaron aos premios”. O titular o Goberno provincial explicou que un dos obxectivos principais dos premios é “estimular o carácter emprendedor dos coruñeses” porque “a riqueza dun país non se mide só polo seu Produto Interior Bruto, senón pola súa capacidade para atraer e aproveitar o talento das persoas”. Segundo fixo saber, outro dos obxectivos do certame convocado pola Deputación foi “o recoñecemento ao esforzo diario de miles de autónomos, empresarios e empresarias que co seu traballo diario contribúen a xerar emprego, oportunidades e crecemento na provincia da Coruña”.
As dúas empresas premiadas pola Deputación sobresaíron entre as setenta participantes no certame por incluír no seu modelo de negocio, en palabras do xurado, “valores coma o traballo en rede, a aposta decidida pola calidade, o fomento de boas prácticas de xestión empresarial e de políticas de responsabilidade social corporativa ou a vocación de expansión”.
Segundo se fixo saber, a compostelá eMonte é unha start-up de recente creación que pretende cubrir a eiva provocada pola falta de relevo xeracional na explotación forestal dos montes galegos. A través dunha aplicación en liña, fornece unha opción de negocio “sinxela e atractiva” para os propietarios dos terreos, facilitando que se agrupen e que atopen compradores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?