Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Ourense organiza unha xornada para avanzar en transparencia e protección de datos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Ourense organiza unha xornada para avanzar en transparencia e protección de datos

Redacción
Publicado: 06/06/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

depu_ourense_baltar_xornada.jpgA Deputación de Ourense vai organizar este 9 de xuño no Centro Cultural Marcos Valcárcel uns encontros destinados en boa medida a abrir camiño en materia de Administración Electrónica: albiscar o que se pode facer, e que non, no camiño de acadar institucións provinciais e locais máis próximas ao cidadán, máis eficientes, máis sustentables, máis seguras en relación aos datos e, sobre todo, máis operativas os 365 días do ano. Este é o alicerce da sexta Xornada sobre as deputacións do futuro. O evento foi presentado onte polo presidente do Goberno ourensán, Manuel Baltar, quen sinalou que a xornada acompáñase do seguinte epígrafe: Transparencia e protección de datos no ámbito local.
A xornada, que co-organizan a Deputación de Ourense e a Fundación Democracia e Goberno Local, contará con relatorios sobre Dereito de acceso á información pública, A publicidade activa nos entes locais, O compromiso de Galicia coa transparencia e O difícil equilibro entre transparencia na información e protección de datos, a cargo de diversos especialistas en dereito administrativo e transparencia e bo goberno, como Marcos Almeida, Agustí Cerrillo e Enrique Orduña, e a Valedora do Pobo, Milagros Otero. A xornada será inaugurada polo presidente da Deputación de Ourense e o director da Fundación Democracia e Goberno Local, Ramón Camp.
Baltar salientou que esta xornada “sitúa a Ourense como referente en materia de transparencia no ámbito local e da participación cidadá”, ámbitos que, por certo, valéronlle á Deputación recoñecementos como por exemplo a que se lle vai conceder no marco da Noite da Enxeñaría en Informática de mans do noso colectivo de Enxeñaría en Informática (CPEIG). Ao fío de todo isto, o presidente provincial fixo saber que a Deputación de Ourense “será a primeira de Europa en implantar o sistema de Auditoría Social da Transparencia”, un método que permitirá avaliar este parámetro da información visible e accesible, integramente, na xestión en tempo real. A Auditoría, explicou, é unha ferramenta innovadora desenvolvida por Dyntra que capacitará a persoal experto para coñecer o nivel de cumprimento coas obrigas de transparencia e dereito á información de todos os entes obrigados por lei na provincia de Ourense. Ademais, engadiu, “permitirá a participación dos cidadáns e actores sociais no proceso de avaliación continua, nun exercicio único de rendición de contas en España”.
Baltar, acerca do carácter pioneiro do proxecto, fixo saber que a día de hoxe unicamente dúas administracións públicas no mundo, a Deputación de Ourense e o Estado de Nova York, apostaron de cheo por este sistema e puxérono en marcha. Un sistema, engadiu, “que consolida o concepto de auditoría social e transparencia”, explica Manuel Baltar.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?