
Linknovate Science S.L. nace no ano 2012 en Palo Alto, na aceleradora de startups da Universidade de Stanford, co obxectivo de “axudar ás empresas a identificar tecnoloxías e mercados emerxentes, e os seus axentes clave”. En concreto, Linknovate realiza recuperación de información sobre bibliotecas de revistas científicas, patentes e múltiples fontes de datos para facilitarlles ás empresas intelixencia “na procura de contribucións e socios que lles poidan interesar para os seus proxectos”.
Os seus impulsores fornecen intelixencia competitiva como servizo, mediante o desenvolvemento de ferramentas de software, como o motor de busca para innovación, Linknovate.com e a elaboración de informes personalizados que inclúen a opinión directa de expertos e analistas adicados en exclusiva ao proxecto, curando información, alén dos algoritmos de Machine Learning e NLP, que axudan a dixerir grandes cantidades de datos.
A súa tecnoloxía céntrase na analítica de datos e visualizacións e información directa de expertos na materia (primary research).
O modelo de negocio polo que aposta Linknovate é, en palabras do CPEIG, “realmente accesible”, con subscricións freemium (sen custo de alta) e informes personalizados a demanda.
Aínda que Linknovate é unha compañía TIC, o seu negocio é transversal. Serven a clientes en múltiples industrias, como en enerxía (Repsol), motor (Faurecia, BMW), electrónica de consumo (Jabil Inc.), sanidade (ACIS-Sergas) ou biotecnoloxía (IBA-Group).
Situm
Pola súa banda, Situm Technologies S.L. é unha spin-off do Centro de Tecnoloxía Avanzada da Universidade de Santiago de Compostela (CITIUS), fundada en 2013. Segundo explica o CPEIG, “desenvolveu unha tecnoloxía de posicionamento en interiores única tras máis de 7 anos de investigación aplicada en robótica móbil e intelixencia artificial”. Situm, engade o Colexio, “é sinónimo de mapas de interiores, localización e navegación coa máxima precisión para os usuario móbiles, a infraestrutura mínima e o menor tempo de implementación”.
Os seus fundadores, doutores en enxeñaría, uniron os seus esforzos para lograr os mellores emprazamento e localización en interiores de alta precisión para smartphones, sen a necesidade de instalar ou investir en hardware adicional.
Premios Linknovate
· 2013. Seleccionados por StartX para o programa acelerador de empresas da Universidade de Stanford en Palo Alto.
· 2014. Hola Cloud (ICT Cloud Computing). H2020 grant, concedido pola Comisión Europea.
· 2015. Finodex (FiWare, aceleradora europea en Open Data). Concedido pola Comisión Europea.
· 2016. Seleccionados por Microsoft para o programa acelerador de empresas de Microsoft en Berlín.
· 2016. Recap (TIC Cloud Computing). H2020 grant, concedido pola Comisión Europea.
· 2016. SME Instrument fase 1. H2020 grant, concedido pola Comisión Europea.

· Premios Everis 2016. Accésit.
· Gañadora do IMPACT’s Third Open Call (2015) e IMPACT Extensión 2016.
· Onda Emprende. Onda Cero 2015.
· Open Future 2015. Primeiro premio.
· Mellor spin-off de base tecnolóxica USC 2015.
· Emprendedor XXI Galicia. Primeiro premio.
· Premio Elevator Pitch Singularity University 2015.
· Top 5 Startups máis prometedoras en Digital Solutions for Mass Markets. South Summit Awards 2015.
· Galicia Emprende 2015. Gañador da categoría internacional.
· Galicia Spin-Off 2015, categoría Mellor Idea Emerxente.
· YUZZ 2014. Primeiro premio.
· Smart Ideas 2014 no Proxecto Smart City. Concello da Coruña.
Linknovate e Situm obteñen o Premio Iniciativa Emprendedora do CPEIG
Compartir Este Artigo
