Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo entrega os galardóns de robótica ao alumnado de Brión
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo entrega os galardóns de robótica ao alumnado de Brión

Redacción
Publicado: 09/06/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

iesbrion_premio_robotica.jpgEsta semana o alumnado de 4º de Secundaria do IES de Brión recibiu os premios da terceira Competición de Robots da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo, celebrada o pasado mes de maio e na que participaron máis de 800 rapaces e rapazas, acadando os estudantes de Brión tres dos catro primeiros galardóns da categoría adicada a mozas e mozos de estudos medios, a categoría Wall-E (na que houbo 82 competidores de todo o ámbito galego).
Segundo lembran fontes do IES, o equipo Brión 4, composto por Carla Villar, Ainoa Pérez, Paula Muelas e Verónica Godoy, alzouse co primeiro premio da devandita modalidade. Os equipos Brión 3 e Brión 5 acadaron uns meritorios segundo e cuarto postos nunha disputada final. Os rapaces e rapazas, acompañados polos seus mestres Luz Ramos, Xabier Lorenzo e Ana Santos, recibiron cadansúa cámara dixital de man de Víctor Quinteiro, mestre da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo.
O instituto brionés participou con cinco equipos, tres de 4º da ESO e dous de Bacharelato. Catro destes equipos conseguiron clasificarse para a fase final logo de que os seus robots superaran un “exercicio de rastrexo”, que consistiu en seguir o percorrido de liñas rectas e curvas trazadas nun tapiz. Despois, enfrontáronse a unha segunda proba, a do “varredor”, onde os robots debían moverse nun trazado dun metro de diámetro e recoller dous envases de refresco, para trasladalos fóra do circuíto no menor tempo posible.
Os rapaces e rapazas do IES de Brión xa amosaron a súa intención de participar na próxima edición da competición. Para a vindeira cita, co fin de ir collendo impulso, xa propuxeron algunhas melloras, como por exemplo un contador por láser que permita con máis exactitude os tempos das probas, algo que se ofreceron a construír eles mesmos como proxecto para o próximo curso.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?