Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A AETG axudará á Cruz Vermella no avance dos seus servizos TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A AETG axudará á Cruz Vermella no avance dos seus servizos TIC

Redacción
Publicado: 14/06/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

aetg_cruz_vermella.jpgCruz Vermella en Galicia e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) asinaron hoxe un acordo de colaboración destinado a contribuír ao fomento da Sociedade da Información e o desenvolvemento do TIC en Galicia. Na formalización do acordo participaron a presidenta autonómica de Cruz Vermella en Galicia, Carmen Colmeiro, e o presidente da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, Julio Sánchez. Con este marco de cooperación, as enxeñeiras e enxeñeiros da AETG-COETG impulsarán e fortalecerán un dos principais eidos de traballo da devandita organización humanitaria: pór a innovación ao servizo das persoas mediante a posta en marcha de proxectos e solucións específicas.
Como lembraremos, a Cruz Vermella vai ser galardoada este venres durante a celebración da Noite da Enxeñaría en Informática do CPEIG. O colectivo profesional quixo recoñecer a repercusión acadada polo servizo de teleasistencia avanzada da ONG.
Volvendo ao acordo asinado hoxe, o acto serviu para facer un repaso polas traballos despregados pola Cruz Vermella en materia tecnolóxica: o devandito servizo de teleasistencia, a xeolocalización, a videoatención ou a proximidade. A idea é tirar partida do pacto coa AETG para “continuar esta liña de traballo, mellorando os servizos xa existentes e ofrecendo outros novos”.
Carmen Colmeiro fixo saber que as ditas ferramentas TIC da organización van dirixidas sobre todo ás persoas maiores ou ás persoas con diversidades funcionais ou motrices ou cognitivas. Colmeiro tamén lembrou que a Cruz Vermella ten “moi presentes ás súas coidadoras e coidadores” xa que estes servizos “resúltanlles igualmente útiles á hora de velar polas persoas dependentes e mesmo hai aplicacións especiais pensadas para elas eles”.
A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, pola súa banda, recordou que o seu obxectivo é contribuír ao desenvolvemento e progreso da “nosa Comunidade Autónoma” a través “da potenciación das telecomunicacións, fomentando o desenvolvemento e a incorporación das novas tecnoloxías da comunicación e a Sociedade da Información”.
Coa sinatura deste acordo, dixo, a AETG-COETG empresta “especial atención á área socio-sanitaria na cal o fomento das novas tecnoloxías incide directamente na calidade de vida das persoas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?