Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Clúster Audiovisual Galego estrea en Conecta Fiction nova imaxe corporativa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Clúster Audiovisual Galego estrea en Conecta Fiction nova imaxe corporativa

Redacción
Publicado: 21/06/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

presentacion-nova-imaxe-cluster_clag_01.jpgTal e como anunciamos os días pasados dende Código Cero, o Clúster Audiovisual Galego tiña pensado tirar partido da palestra inmellorable de Conecta Fiction para presentar a súa nova imaxe corporativa. E por que motivo? Pois porque Conecta Fiction está a xuntar esta semana en Compostela, coa Cidade da Cultura como eixe central de actividades, máis de 350 profesionais do sector dos contidos audiovisuais e dixitais de 20 países, representando a algún dos investidores e das produtoras máis referenciais do mercado internacional. Finalmente, o Clúster cumpriu a súa palabra e deu a coñecer a súa nova fasquía, unha viraxe na forma e máis no fondo que se dirixe a acadar a máxima visibilidade para os nosos creadores e valores de marca, e a reforzar a posición do CLAG como órgano representativo do sector no mercado galego, estatal e internacional.
O cambio de imaxe do Clúster inclúe tamén o lanzamento nas redes e nas canles tradicionais da campaña Consume Audiovisual Galego, que loce o talento e a calidade de Galicia a través dos seus produtos audiovisuais.
presentacion_nova_imaxe_clag.jpgNa súa intervención hoxe na Cidade da Cultura, o presidente do CLAG, Jorge Algora, salientou “o enorme esforzo que se está a realizar en Galicia en canto a innovación, tanto en tecnoloxía, como en formatos”.
Na cita tamén participou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que asistiu á presentación da nova imaxe do Clúster tras inaugurar o Conecta Fiction. Durante o acto proxectouse o vídeo da devandita campaña, no que se amosan “os excelentes recursos cos que contan as empresas galegas na produción de ficción”, ademais de poñer en valor o capital humano do que dispoñen, “o que fai posible que na nosa Comunidade se desenvolva calquera tipo de proxecto audiovisual”, sinalou o presidente do CLAG, que salientou que na peza audiovisual colaboran coñecidos actores galegos que se quixeron sumar á nosa campaña #ConsumeAudiovisualGalego.
presentacion_nova_imaxe_clag_03.jpgPolo que respecta ao novo deseño da marca Clúster Audiovisual Galego foi renovada, foi realizado pola axencia de publicidade Bap Conde e, entre outras cousas, mostra un fortalecemento do nome da entidade como Clúster Audiovisual Galego. A imaxe da campaña, que “ten como protagonistas o mar e o ceo galegos” busca pór en valor “a variedade e a calidade dos recursos dos que dispón Galicia como plató para a rodaxe de produtos audiovisuais”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?