Nos últimos días YouTube está a introducir interesantes novidades, como o vídeo envolvente en 180 graos (VR180), ao que engadirase nas vindeiras semanas a actualización das aplicacións móbiles de YouTube para amosar os vídeos do mellor xeito posible con independencia de se foron gravados cun móbil ou cunha cámara profesional, en vertical ou en horizontal… Así, a aplicación adaptarase de xeito dinámico para permitirnos ver vídeos en vertical, horizontal ou cadrado, axustándose o reprodutor de vídeo de YouTube de xeito natural e facilitando o aproveitamento do espazo en pantalla para a presentar os vídeos.
YouTube tamén está a espallar internacionalmente un novo xeito de compartir vídeos de YouTube cos amigos dende a propia aplicación móbil, de xeito que en breve en Latinoamérica e EE.UU. poderán compartir contidos con amigos en concreto dun xeito moi áxil e cómodo, descoñecéndose cando poderemos gozar de tal prestación dende Europa.
Vídeo no que podemos ver o novo xeito de compartir vídeos dende a app de YouTube
