Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ames avanza en goberno electrónico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ames avanza en goberno electrónico

Redacción
Publicado: 03/07/2017
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

concello_ames_formacion_administracion_electronica.jpgEste ano 2017 pasará a historia por ser un dos anos máis activos, na nosa terra, en materia de iniciativas locais de goberno electrónico. Co comezo de verán, o proceso semella que non diminúe. Hoxe mesmo falamos en Código Cero do arrinque da iniciativa de Santiago e, agora, é a quenda dun concello lindeiro, o de Ames, que casualmente informou do estado de cousas do seu proxecto análogo o mesmo día có de Santiago, o venres 30 de xuño. Segundo fixo saber o Goberno de Ames, neste intre atópase mergullado nun proceso de modernización e de optimización dos seus sistemas e aplicacións informáticas. O obxecto destas melloras? Preparar o terreo dun ambicioso plan dixital para acadar unhas óptimas xestión e comunicacións municipais.
“O proxecto”, engadiu o Concello, “tamén pretende prestar uns servizos públicos de maior calidade ao cidadán, a empresas e colectivos especiais”. Dentro deste plan atópase a instalación da Administración Electrónica, proceso no que se está a traballar a través de dúas fases de implantación de novos procedementos dixitais.
Estas medidas, segundo explica o Consistorio, garantirán o cumprimento da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e da Lei 40/2015, de 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público. Ámbolos regulamentos supoñen un pulo á dixitalización dos entes públicos e establecen varias obrigas en torno á Administración Electrónica, como por exemplo a de dispoñeren das ferramentas e recursos precisos para garantir a relación dixital cos obrigados pola lei e coas persoas físicas que así o prefiran e a tramitación en liña dos expedientes.
O antes e o agora do proxecto de Ames
O proxecto de Ames remóntase a 2010, cando o Goberno local decidiu dar pasos firmes na integración das TIC creándose recursos como a sede electrónica do Concello de Ames ou a posta en marca do Sistema Integrado de Xestión Municipal (SIGEM). A partir dese punto foise implantando de maneira progresiva a xestión electrónica dos expedientes, co apoio e soporte tecnolóxico da Deputación da Coruña (cuxo obxectivo é achegar as administracións ao cidadán).
Dando continuidade a esta implantación da Administración Electrónica en Ames, o pasado mes de febreiro o Concello integrouse plenamente no Sistema de Interconexión de Rexistros (SIR), sendo un dos primeiros Gobernos locais en facelo. A integración neste sistema, por certo, implica que se poidan recibir e enviar escritos dos cidadáns dende o Concello de Ames a calquera das oficinas de rexistro adheridas ao sistema.
Amais de todo o devandito, na recta final de xuño comezou a funcionar a tramitación electrónica dos decretos da alcaldía, un procedemento pendente dende 2013 e que suporá, en palabras do Concello, “unha maior axilidade no traballo e posibilitará en breves datas a notificación telemática a particulares e empresas”.
Por certo que para preparar o terreo destas transformacións, o persoal do Concello de Ames participou recentemente nunha xornadas de formación onde se lles explicou as diferentes posibilidades que ofrecen estas aplicacións. A formación realizouse en grupos reducidos e en varias sesións.
Segundo engade o Goberno local, este mes de xuño incorporouse igualmente o sistema de portasinaturas. Isto axiliza o labor dos traballadores do Concello, que poderán obter sinaturas a través do dito sistema (dende calquera lugar e momento) cando tramiten os documentos de xeito electrónico. O Concello informou, a respecto do devandito, que o propio alcalde e a secretaria xa están a asinar de xeito electrónico a través deste portal dende mediados de xuño.
O alcalde e concelleiro de novas tecnoloxías, José Miñones, explica que “os avances incorporados nestes meses veranse incrementados en breve e levarán un investimento paralelo en equipamentos. Con todo esperamos poder conseguir axiña incorporar novos procedementos electrónicos para a cidadanía que posibiliten a relación co Concello dende as súas casas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?