Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Edificio de Novas Tecnoloxías de Lugo entrega os seus 150 primeiros diplomas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Edificio de Novas Tecnoloxías de Lugo entrega os seus 150 primeiros diplomas

Redacción
Publicado: 12/07/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

concello_edificio_novas_tecnoloxias_lugo_primeiros_diplomas.jpgA concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, entregou este martes os diplomas acreditativos ás preto de 150 persoas asistentes ás accións formativas organizadas pola entidade local no Edificio de Novas Tecnoloxías no marco do Tecnoloxíza-T (un total de dez obradoiros abertos para todas as idades). Trátase da primeira quenda de actividades deste centro, de recente apertura (abriuse en marzo deste ano coa arela de situar a Lugo na vangarda dixital e de dinamizar o casco histórico asentándoo como referente de cara ás cuestións tecnolóxicas locais). A quenda de estrea incluíu cursos de trámites electrónicos coa administración, iniciación á informática, utilización de smartphones, Internet segura para todos e todas, posicionamento web e SEO, redes sociais, retoque fotográfico co smartphone, compra on line, venda on line ou creación de aplicacións móbiles. Desenvolvéronse no Edificio dende o pasado 29 de maio ao 30 de xuño.
Durante a entrega de diplomas, Rielo felicitou a todas as persoas participantes e incidiu na importancia de formarse de continuo, así como de facelo especializándose en sectores en auxe, como pode ser o tecnolóxico.
Tras o éxito acadado nesta edición, dende a Concellaría de Concello e Cidadanía, dirixida por Rosana Rielo, xa se están a preparar novos contidos para vindeiras convocatorias. Nesta liña a edil tivo palabras para convidar ás persoas asistentes a estes cursos “a aproveitar todas as oportunidades de formación” e aninmounos a estar pendentes dos novos obradoiros.
Edificio de Novas Tecnoloxías de Lugo
Como dixemos, o Edificio de Novas Tecnoloxías de Lugo foi inaugurado a finais de marzo deste ano polo Concello. Foi presentado como un centro TIC ao servizo da cidadanía para, en palabras do Concello, situar a cidade na vangarda dixital. Amais de fornecer gratuíta e libremente tecnoloxías e servizos (computadores, accesos, programas, etc) para que a veciñanza saque o máximo proveito da Sociedade do Coñecemento, un dos obxectivos que alentaron a posta en marcha do Edificio foi a vontade do Concello de dinamizar o casco histórico e asentalo como referente de cara ás cuestións tecnolóxicas locais. Máis en detalle, con esta nova infraestrutura pública no corazón da zona vella (trátase dun inmóbel anexo ao consistorio, recentemente remodelado), o Goberno local “ten vontade de achegar un punto neurálxico dos recursos tecnolóxicos da cidade, dirixido a todos os públicos e de todas as idades”.
O inmóbel foi inaugurado o 24 de marzo pola alcaldesa Lara Méndez, e a concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, nun acto no que tamén estiveron presentes membros da Corporación Municipal e o presidente da Deputación, Darío Campos, entre outros representantes das administracións e das entidades locais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?