Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SIVSA presenta Geenie, innovador asistente para o catálogo centralizado
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SIVSA presenta Geenie, innovador asistente para o catálogo centralizado

Redacción
Publicado: 14/07/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

sivsa_geenie.jpgA empresa galega SIVSA, responsable do desenvolvemento e lanzamento de Fenix (software de xestión clínica na nube especialmente pensando e optimizado para médicos e clínicas), está a presentar este verán unha nova contribución tecnolóxica destinada a revolucionar, desta volta, o ámbito da compra centralizada. Estamos a falar do asistente Geenie. Este, máis polo miúdo, é un servizo que facilita aos organismos públicos a compra de bens dentro do sistema de Contratación Centralizada do Ministerio de Facenda. Geenie, dispoñible dende o pasado mes de xuño, é un novo paso de SIVSA a prol de atender “as necesidades e problemáticas das diferentes institucións para poder optimizar os seus recursos”.
Neste contexto, engaden fontes de SIVSA, o devandito sistema simplifica o proceso de compra dentro do catálogo centralizado. Por unha banda, ofrece un sistema de consultoría e asesoramento sobre os bens que mellor cobren as necesidades do organismo solicitante; e, por outra banda, unha vez que se teñen identificadas as necesidades e definidas as compras a realizar, introdúcese no catálogo para facilitar ao organismo as referencias que ten que solicitar. De maneira paralela, Geenie ten informado ao provedor con vistas á preparación do seu equipamento, “de modo que o pedido xa estea listo para o seu envío axiña que se confirme a adxudicación”.
Vantaxes de Geenie
Segundo engade a empresa galega, con sede en Vigo, o servizo ofrecido por Geenie redunda “nunha optimización da racionalización do gasto promovida polo sistema de Compra Centralizada da DGRCC”. De feito, a firma recórdanos que cómpre que teñamos en conta que a adquisición de bens a través do Sistema de Xestión Electrónica da Central de Compras do Estado é “un proceso longo no que interveñen moitos axentes”. Aí, simplificando este traballo, entra en xogo Geenie: “Nós aseguramos que de maneira paralela á tramitación, o pedido estea preparándose para servilo directamente ao organismo peticionario canto antes, e todo isto garantindo que o envío se produza no lapso de tempo máis breve que o sistema do Estado posibilita”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?