Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Coruña botará man das TIC para promover a inserción laboral
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Coruña botará man das TIC para promover a inserción laboral

Redacción
Publicado: 24/07/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

concello_coruna_lema.jpgO emprego, nas nosas cidades e vilas, vai ligado de maneira estreita ás novas tecnoloxías. Tanto a nivel de formación como de ocupación. Se hoxe abrimos falando do Concello de Lugo e das súas medidas para favorecer a inserción laboral de 150 mozas e mozos, agora é a quenda da Coruña, cuxo Goberno local vén de anunciar que vai pór en marcha nas vindeiras semanas un plan de emprego directamente envorcado nas novas tecnoloxías da información. A iniciativa Coruña Emprego Xove, impulsada pola área de Emprego e Economía Social, ten como finalidade “abordar a capacitación profesional de mozas e mozos que están a piques de rematar a súa etapa formativa co obxectivo de facilitar a súa inserción sociolaboral”. O proxecto, sinalou o edil Alberto Lema, desenvolverase ao longo de 18 meses, comezando este verán e prolongándose ata o final de 2018.
Segundo engadiu, o plan “promoverá o retorno ao ensino formal”, co obxectivo que as mozas e mozos poidan obter “unha formación básica previa, necesaria e fundamental para abordará a súa profesionalización con garantía de éxito”. Para o desenvolvemento destes itinerarios, que incluirán prácticas profesionais, a proposta desenvolverá un centro aberto de titorías personalizadas para as usuarias e usuarios, denominado Espazo de Emprego Xove. Este centro aberto encamiñarase a mellorar a empregabilidade xuvenil a través “do acompañamento e a estimulación da participación responsable en actividades ocupacionais de carácter tanto individual como colectivo”. Ao seu abeiro, incidirase no deseño e execución de accións complementarias, “innovadoras e baseadas nas novas tecnoloxías”, segundo especifica Lema, dirixidas a orientar e motivar á mocidade para a procura activa de emprego e o seu mantemento.
O edil tamén fixo saber que o Concello contará a partir deste ano cun reforzo de 650.000 euros dos fondos DUSI para fomentar a formación e a empregabilidade a través das novas tecnoloxías da información.
O concelleiro explicou tamén que o programa recibiu 476.633,32 euros do Fondo Social Europeo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?