
Argerey, ademais, felicitou á empresa polo seu esforzo por internacionalizarse e pola súa aposta pola formación como “xeito de diversificarse e crear emprego de calidade, cunha elevada cualificación a través da aposta pola innovación”.
Tamén lembrou, ao fío do exemplo de creatividade e pulo empresarial de Gato Salvaje, que “a innovación non é só para as grandes empresas, senón tamén para que as pequenas firmas poidan aumentar a súa competitividade grazas a apostar pola innovación e, deste xeito, impulsar o crecemento económico da nosa Comunidade”. Tamén lembrou “o esforzo que a Xunta está a facer por apoiar os proxectos de innovación de PEME e microPEME galegas a través de convocatorias como Innova PEME”, que está activada ata o 25 de setembro cun orzamento de 5 millóns de euros e que “permitirá mobilizar 10 millóns, beneficiando arredor de 60 compañías da Comunidade”.
A directora de GAIN felicita a Gato Salvaje polo seu pulo innovador
Compartir Este Artigo

