Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Clúster de Turismo presenta en Sanxenxo a súa campaña de presumidores en liña de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Clúster de Turismo presenta en Sanxenxo a súa campaña de presumidores en liña de Galicia

Redacción
Publicado: 09/08/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20170809rutapresumegalicia_1.jpgO Clúster de Turismo de Galicia presentou hoxe en Sanxenxo a súa campaña Ruta Presume de Galicia. No acto, no que participou Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, fíxose fincapé no obxectivo principal da iniciativa: visualizar ante o mundo o noso potencial e facelo, a plena operatividade, a través das novas tecnoloxías da información e os internautas-viaxeiros-visitantes. A campaña foi inaugurada de xeito oficial no paseo de Silgar, en Sanxenxo, despois de ter pasado por A Coruña, Foz, Padrón ou Santiago. A metodoloxía desta iniciativa, que impulsa o sector turístico galego, é converter aos viaxeiros en presumidores nas redes sociais e na páxina web www.presumedegalicia.com.
Dese xeito, a iniciativa apóiase nunha fronte colectiva (o sector empresarial galego representado no Clúster, as administracións, os viaxeiros, os internautas) para impulsar un reto común: contribuír a reforzar a marca Galicia como destino turístico. Segundo fixo saber Nava Castro, este obxectivo é compartido polo Goberno galego e está plasmado na Estratexia do turismo de Galicia 2020. “Este documento”, sinalou, “é a folla de ruta que a Xunta e o sector privado deseñaron para acompañar o medre sustentable de viaxeiros que Galicia está a vivir”.
Volvendo á campaña co Clúster, ten a súa orixe no ano pasado, por estas datas, na presentación da campaña Presume de Galicia, da súa páxina web e da súa aplicación, novidades das que falamos polo miúdo en Código Cero. Segundo sinalabamos daquela, a iniciativa márcase o desafío de amosar (ante o mundo) a nosa terra “a partir das achegas de centenares de experiencias en primeira persoa de galegos e visitantes”. De feito, o gran alicerce da iniciativa web é a firme crenza nas posibilidades comunicativas de nós mesmos: todas e todos podemos contribuír a visualizar e potenciar a “enorme riqueza turística que atesoura a Galicia”, sinalaba daquela o Clúster. Por certo que a intención non era (e non é) só implicar ás galegas e aos galegos, senón tamén ás/os visitantes, co fin de convertelos en superpresumidores de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?