Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lugo lémbralle á cidadanía a dispoñibilidade da app para o pago de impostos locais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lugo lémbralle á cidadanía a dispoñibilidade da app para o pago de impostos locais

Redacción
Publicado: 08/09/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20160508-abanca-app-concello-lugo-hd-be06c19f.jpgO Concello de Lugo vén de lembrar ás veciñas e veciños a dispoñibilidade dunha aplicación móbil para facilitarlles o pago dos impostos locais a través de smarphones ou tabletas, sen custo adicional. Trátase dunha app recentemente implantada en Lugo grazas ao Goberno local e a ABANCA, e que permite ás persoas contribuíntes o pagamento de recibos as 24 horas do día durante os 365 días do ano. A ferramenta foi debullada pola concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, quen salientou que a día hoxe están ao cobro os impostos sobre vehículos de tracción mecánica e de pasaxes. A aplicación, como sinalamos no seu día dende Código Cero, iniciou a súa actividade o pasado mes de maio.
Respecto ao recordatorio desenvolvido esta semana, a concelleira Ana Prieto lembrou que a app está dispoñible tanto para dispositivos Android como iOS co nome de Concello de Lugo. “Soamente é necesario dispoñer dunha tarxeta de débito ou crédito”, sinalou aludindo ás facilidades de uso que pon en xogo, engadindo que “a aplicación permite realizar o pagamento do recibo en dous cómodos pasos”. Primeiro, elíxese como se introducen os datos do recibo (facendo unha foto coa cámara do móbil ou tableta ao código de barras, introducindo os números do código de barras ou escribindo os datos do recibo) e, a continuación, “cómpre teclear os datos da tarxeta para efectuar o pagamento”. Prieto fixo saber que para axilizar a achega de información persoal, tanto da tarxeta como do recibo, “a ferramenta permite engadilos facéndolles unha foto coa cámara do dispositivo”.
Tamén recordou que a aplicación conta, ademais, cun asistente que axuda ao usuario a formalizar o pagamento de recibos guiándoo en todo o proceso. O abono de recibos a través deste recurso informático é de balde, sen ningún tipo de comisión. “Este”, sinalou a edil, “é un avance máis no pago telemático, para facelo máis doado e accesible, e que se suma ás ferramentas de pago en liña que ofrece o Concello dende o 2009”.
Lugo, informou, é o segundo Concello que dispón desta aplicación, tralo da Coruña, e a cuarta institución, tralas Deputacións de Coruña e Ourense e a entidade local coruñesa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?