Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CESGA mostra hoxe o potencial da supercomputación en materia de servizos mariños
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CESGA mostra hoxe o potencial da supercomputación en materia de servizos mariños

Redacción
Publicado: 27/09/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cesga_entrada-2.jpgO Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) prosegue hoxe o seu labor informativo e divulgativo (logo do achegamento de onte ás tecnoloxías cuánticas, e como precedente das xornadas de mañá e pasado mañá, arredor da Rede Española de Supercomputación e das tecnoloxías HPC, respectivamente). Pois ben, o evento de hoxe (un seminario científico) ten como fío temático os Servizos mariños e a supercomputación, experiencias e retos futuros. A xornada, que se celebra na sede do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Santiago, diríxese a mostrar o amplo potencial do cómputo avanzado como “ferramenta fundamental para as simulacións numéricas en oceanografía”.
Este potencial, impulsado pola mellora da potencia e da capacidade de almacenamento dos equipos informáticos, xa permitiu o desenvolvemento de simulacións rexionais da circulación costeira a alta resolución e ao longo de de períodos longos.
“A supercomputación”, informa o CESGA, “está a posibilitar que varios usuarios da comunidade española manteñan servizos de predición de curto prazo da circulación oceánica como o servizo IBI do programa Copernicus mariño ou servizos de predición rexional en Galicia”. Ademais, engade o centro, o financiamento europeo e autonómico destes servizos permite o uso de cómputo avanzado dentro da RES (por exemplo os servizos devanditos execútanse no CESGA).
Estes servizos de predición, así como simulacións costeiras e rexionais están a utilizarse no desenvolvemento de servizos baseados en observacións e modelados para distintos usuarios mariños (acuicultura, pesqueiras, turismo…).
Indo ao miolo da xornada de hoxe, a continuación damos conta do programa.
9:30 Benvida e Introdución á Xornada Servizos Mariños e HPC, Javier García Tobío (CESGA)
9:45 Presentación da RES, Carlos Fernández Sánchez, CESGA
10:00 Juan Touriño (Universidade da Coruña) Rede Galega de HPC (http://ghpc.udc.es)
10:15 Juan Añel (Universidade de Vigo) Computación de Altas Prestacións e Modelado de Ciencias da Atmosfera e do Océano
Servizos mariños
10:35 Ricardo Torres (PML): Servizos Mariños no Plymouth Marine Laboratory
11- 11:30 Pausa
11:30 Juan Taboada (Meteogalicia): Servizos de predición mariña e oceánica en Galicia para usuarios finais
11:50 José Chambel Leitao (Hidromod): Necessidades computacionais de serviços operacionais de
escala local
12:10 Luis Ferrer (AZTI): Servizos mariños no País Vasco
12:30 Manuel Ruiz Villarreal (IEO): Servizos mariños para acuicultura e pesqueiras
12:50 Rui Vieira (Oceanic Observatory of Madeira, OOM): HPC applications for Madeira Archipelago
13:10 Baptiste Mourre (SOCIB): Observacións, predicións e servizos mariños no Mediterráneo Occidental.
13:30-14:30 Xantar
14:30 Roland Aznar (Portos do Estado): IBI Copernicus Marine Service
14:50 Francisco Doblas-Reyes (BSC-CNS): The evaluation and quality control of seasonal climate forecasts in the C3S
Reanálisis mariñas
15:10 Gabriel Jordá (IMEDEA, UIB-CSIC): Modelización climática do Mediterréano: A iniciativa MedCORDEX.
15:30 José Carlos Garrido (UMA): Estreito de Xibraltar e Mar de Alborán. Jose Carlos Garrido (UMA)
15:50 Marta-Almeida (Campus do Mar IEO-Uvigo): Simulación decadal no Atlántico Ibérico
16:20 Neven Fuckar (BSC-CNS): On the results of EOS-COST Polar Ocean Reanalysis Inter-comparison Project (ORA-IP).
16:40-17:10 Café
HPC retos e infraestruturas
17:10 Antonio Cofino (Universidade de Cantabria): Servizos climáticos en infraestruturas HPC, Cloud e Grid
17:30 Pablo Rey Mayo e Aurelio Rodríguez López (CESGA) Infraestruturas para servizos mariños e reanálisis
18:00 Retos futuros. Moderadores: Manuel Ruiz Villarreal, Carlos Fernández, Andrés Gómez e Juan Taboada
18:45 Peche
Financiamento xornada: Rede Española de Supercomputación (RES), financiamento complementario Rede Galega HPC e Instituto Español de Oceanografía (IEO).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?