Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: FalaRedes prosegue o seu itinerario esta finde co seu espectáculo dos Bolechas e co seu concurso en liña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

FalaRedes prosegue o seu itinerario esta finde co seu espectáculo dos Bolechas e co seu concurso en liña

Redacción
Publicado: 29/09/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

falaredes_bolechas2.jpgO programa itinerante FalaRedes, impulsado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, segue o seu periplo polos concellos que forman parte da Rede de Dinamización Lingüística (RDL). Estes días (a fin de semana) fará parada en Barro, Caldas de Reis e Castro Caldelas. Os protagonistas serán, por unha banda, a familia dos Bolechas, os populares personaxes creados por Pepe Carreiro e encargados, nesta ocasión, de promover o uso da nosa lingua (dun xeito máis que divertido) entre a rapazada. Na súa arribada aos ditos concellos representarán o espectáculo-actividade De Chispa a Tatá. Imos de Moraña a Zas. Amais dos Bolechas, os protagonistas tamén serán os novos recursos dixitais. Por que motivo? Pois porque tanto este como os restantes espectáculos itinerantes (coas súas datas e os seus emprazamentos) veñen con retos a desenvolver nas redes.
Ao fío do devandito, a organización acompaña cada cita cun concurso no que se convida ás nenas e aos nenos a coñecer unha palabra máxica que lles permitirá acceder á páxina web osbolechas.gal/dechispaatata para “seguiren xogando e aprendendo máis” e, a maiores, conseguir ata 20 lotes dos libros de Os Bolechas.
Volvendo ás recaladas desta fin de semana, a primeira será o sábado ás 12:00 horas no concello de Barro (Nave da Música). Ese mesmo día, ás 19:00 horas, haberá outro pase da actividade en Caldas de Reis (Auditorio Municipal). Por último, o domingo, ás 17:30 horas, os Bolechas daranse cita no Polideportivo Municipal de Castro Caldelas.
Na nova proposta dos Bolechas, Tatá, Sonia, Braulio, Loli, Pili e Carlos están facendo o Camiño de Santiago e paran na pousada de Eustaquio acompañados do seu can Chispa. Eustaquio acepta darlles aloxamento a cambio de que xoguen con el a un peculiar xogo da oca que os obrigará a superar, coa axuda do público, diferentes probas de habilidade física e de coñecementos culturais sobre Galicia adaptados a rapaces de 4 a 10 anos. Segundo explica Política Lingüística afondando no que van atopar as nenas e nenos nestes espectáculos, haberá unha manchea de ingredientes: “Cultura, xeografía, gastronomía, tradicións… todo terá cabida nesta divertida iniciativa para que os nenos e nenas aprendan e se divirtan en galego, a lingua que sempre falan Os Bolechas”.
falaredes_bolechas-2.jpgAté o 5 de novembro Os Bolechas percorrerán outros 15 municipios: Triacastela, Quiroga, Rianxo (en colaboración coa Mancomunidade Ría de Arousa Zona Norte), Pazos de Borbén, A Bola, Frades (en colaboración coa Mancomunidade da Comarca de Ordes), Padrón, Negreira, Santa Comba, Arteixo, Zas, Mos, Bueu, Ordes e Xove. Toda a información xa está dispoñible na ligazón www.lingua.gal/dechispaatata.
FalaRedes 2017
A sexta edición do programa de dinamización lingüística FalaRedes mantén, en palabras da entidade que dirixe Valentín García, “os obxectivos das anteriores de ofrecer propostas de lecer de calidade en galego para todas as idades e de promover, con elas, o uso e mais a valoración positiva da lingua propia de Galicia”.
Así, desde o mes de marzo e ata o remate de ano, as actividades do FalaRede están a percorrer os concellos da RDL, unha iniciativa impulsada polo Goberno galego para incidir na promoción do uso da lingua galega desde as administracións local e autonómica que conta con máis de 180 entidades adscritas. Segundo informa Política Lingüística, nas cinco edicións anteriores do programa foron preto de 800 as actividades programadas para públicos de todas as idades.
O calendario de funcións e espazos está a disposición da nosa comunidade en liña no Portal da Lingua Galega (www.lingua.gal/falaredes), nas redes sociais da RDL e na Axenda de Cultura de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?