Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A USC presenta un máster en protección de datos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A USC presenta un máster en protección de datos

Redacción
Publicado: 25/10/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

img_9964.jpgA Universidade de Santiago presentou onte unha nova actividade destinada a formar estudantes en recursos avanzados para a salvagarda da información. Estamos a falar do Master en tratamento e protección de datos da USC, unha proposta formativa que avanzamos onte en Código Cero e que é a resposta da institución académica compostelá a unhas vindeiras disposicións máis activas e exhaustivas no que seguridade da información se refire: as disposicións do Regulamento Europeo en Protección de Datos (RGPD), do que terán que dar cumprimento administracións, institucións, organizacións e empresas a partir de maio do ano vindeiro.
Segundo informou a USC no acto de presentación, o desenvolvemento do posgrao habilitará ao alumando para certificarse profesionalmente como Delegado de Protección de Datos (DPO), unha nova figura contemplada no Regulamento Europeo e que deberá estar nomeada en todas as administracións públicas (interna ou externamente) e empresas do sector privado que traten datos especialmente protexidos antes de maio de 2018.
A USC tamén lembrou que o regulamento RGPD describe a necesidade de que o responsable do tratamento de datos aplique medidas técnicas e organizativas apropiadas: “En termos prácticos, requírese que as entidades analicen que datos tratan, con que finalidade o fan e que tipo de operacións levan a cabo; a partir dese coñecemento deben determinar de maneira explícita a forma en que aplicarán as medidas que o RGPD prevé, asegurándose de que son as axeitadas e de que poden demostralo ante os interesados e as autoridades de supervisión”.
O máster contará en palabras da Universidade “cun cadro docente de recoñecido prestixio”e impartirase “cun formato eminentemente en liña e telemático”, o que facilitará o seu seguimento. Achegará tamén tres clases maxistrais, impartidas por responsables de institucións e organismos especializados en protección de datos.
Os detalles do novo posgrao, a impartir entre xaneiro e setembro do vindeiro ano, ofrecéronos este martes na Facultade de Dereito a secretaria xeral da USC, Consuelo Ferreiro; o director do Centro de Estudos de Seguridade de la USC (CESEG), José Julio Fernández; a directora da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira Álvarez; e a directora do mestrado, Luz Mª Ruibal Pereira.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?