Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Pazo de Vilamarín acolleu un simulacro de rescate con drons
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Pazo de Vilamarín acolleu un simulacro de rescate con drons

Redacción
Publicado: 26/10/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

vilamarin_deputacion_ourense_drons.jpgO Pazo de Vilamarín, emprazado no concello do mesmo nome, acolleu onte a primeira das tres sesións prácticas incluídas no curso oficial homologado para pilotos de drons en situación de emerxencia, organizado pola Deputación de Ourense en colaboración coa empresa Aerocámaras. A apertura do obradoiro, segundo a entidade provincial o primeiro das súas características que se desenvolve no eido estatal, contou coa presenza do presidente do Consorcio Provincial de Ourense para o servizo contra Incendios e de Salvamento e deputado provincial, Pablo Pérez. O simulacro consistiu no achado dunha persoa ferida nos arredores do pazo. Para a localización só se empregaron quince minutos, o que se conseguiu, segundo a Deputación, grazas “á máxima coordinación cos equipos de rescate e sanitarios”.
O parque comarcal de bombeiros do Carballiño e o encoro das Conchas, no Concello de Muíños, serán os escenarios das seguintes prácticas, a realizar hoxe e mañá. Segundo Pablo Pérez, o adestramento en drons e o espallamento destes no territorio galego resulta nestes tempos de máxima relevancia, e máis tendo en conta as repetidas vagas de lumes que nos afectan: “A aplicación desta tecnoloxía en situacións de emerxencia ten se cabe aínda máis importancia polo uso que se lle pode dar, por exemplo, á hora de perimetrar un incendio ou advertir da proximidade do lume a zonas poboadas”, sinalou, engadindo que “a busca de persoas desaparecidas ou vítimas entre cascallos de vivendas ou edificios son outras das posibilidades que ofrece o uso dos drons nas emerxencias”.
Pérez salientou ademais que na sesión práctica deste venres presentarase unha aeronave híbrida, que utiliza electricidade e gasolina, “o que permitirá aumentar a autonomía de acción destes aparellos en ata catro horas”. Por certo que deste dron híbrido de Aerocámaras, AeroHybrix, falamos polo miúdo os días pasados dende Código Cero, salientando a súa autonomía (a maior do mercado) e o feito de boa parte do mesmo fose desenvolvido por enxeñeiros da nosa terra.
Segundo engadiu a Deputación, o curso (no que participan vinte profesionais e voluntarios de emerxencias) tamén facilitará a creación no parque comarcal do Carballiño dunha unidade de pilotos especialistas en situación de emerxencia para atender a toda a provincia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?