Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Comeza o novo programa Yuzz achegando 40 prazas para os emprendedores innovadores da UDC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Comeza o novo programa Yuzz achegando 40 prazas para os emprendedores innovadores da UDC

Redacción
Publicado: 31/10/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

programa-explorer.jpgSantander Yuzz, o programa que durante oito edicións impulsou o espírito innovador e as iniciativas creativas dos novos emprendedores universitarios (un total de 4.200 participantes de todo o ámbito estatal e centos de empresas xeradas en toda España), vén de subir un chanzo evolutivo para a súa vindeira convocatoria. E faino converténdose no programa Explorer Mozos con Ideas, dirixido para xente nova de entre 18 e 31 anos e co obxectivo de fornecela dunha contorna dixital, cooperativa e aberta para que os seus proxectos abrollen e maduren no mellor dos escenarios posibles. Esta iniciativa, impulsada por Banco Santander a través de Santander Universidades e coordinada polo CISE (Centro Internacional Santander Emprendimiento), foi presentada os meses pasados na USC (Campus de Santiago e de Lugo) e agora na Universidade da Coruña, que xa participou en catro edicións e que vén de pór en marcha a nova entrega do programa.
Segundo puidemos saber, Explorer Mozos con Ideas achega 40 prazas para os vindeiros emprendedores da UDC. Como novidade este ano, haberá dous espazos de formación e impulso de iniciativas, un na Coruña e outro en Ferrol
Os seleccionados poderán beneficiarse do acceso ao Explorer Space UDC, un centro de coworking de alto rendemento onde poderán desenvolver as súas ideas de forma cooperativa, conectándose con outros emprendedores e recibindo asesoramento personalizado e formación dunha rede de máis de 200 expertos en innovación e modelos de negocio.
Ao remate dos cinco meses de formación e ideación, o proxecto mellor valorado do Explorer Space UDC viaxará a Silicon Valley, o referente mundial en innovación e emprendemento do ámbito dixital, xunto a outros 50 emprendedores de todo o territorio estatal, onde recibirán clases maxistrais e empresas tecnolóxicas punteiras, asesoramento en internacionalización e contacto con inversores. Ademais, os tres mellores proxectos recibirán 30.000, 20.000 e 10.000 euros para acelerar o seu desenvolvemento.
Ademais, grazas á colaboración coa Fundación EY, Explorer conta tamén co premio Woman Explorer Award que ofrece 20.000 euros para financiar o mellor proxecto liderado por unha emprendedora e o premio de innovación Disruptive Technology Explorer Award (impulsado por Indra) que brindará 3.000 euros e asesoramento por parte de expertos de Indraventures ao proxecto de negocio máis innovador. Os interesados en participar poden inscribirse a través da plataforma global www.jointheX.org.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?