Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A galega OpSeeker, terceiro premio da oitava edición de Yuzz
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A galega OpSeeker, terceiro premio da oitava edición de Yuzz

Redacción
Publicado: 07/11/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Lucie Hefnerová, no centro, acompañada de Elena Pernas e Manel Cotos
Lucie Hefnerová, no centro, acompañada de Elena Pernas e Manel Cotos
Á start-up santiaguesa OpSeeker, especializada en adestramento financeiro en liña, non lle paran de chegar os recoñecementos. Se recentemente falados da súa participación na aceleradora de proxectos tecnolóxicos Startupbootcamp (foi elixida para concorrer no programa de impulso para firmas novas dos sectores fintech e ciberseguridade), onte soubemos que OpSeeker vén de gañar o terceiro premio da oitava edición do programa Yuzz Mozos con Ideas, dotado con 10.000 euros e impulsado polo Grupo Santander xunto coas universidades (no caso concreto de Opseeker, xunto coa Universidade de Santiago).
Como lembraremos, a start-up santiaguesa foi creada por Lucie Hefnerová e Gonzalo Camiña Ceballos. Para o seu empuxe definitivo, foi madurada no nodo Yuzz-Santiago. Ás devanditas distincións únese a recibida en maio polo BBVA, que a recoñeceu como a mellor firma innovadora galega do seu sector.
Datos sobre a empresa
OpSeeker é unha empresa constituída en Santiago de Compostela en xullo de 2016. Dous dos seus catro fundadores son naturais da capital galega, outro de Madrid e outra da República Checa. Gonzalo Camiña, director executivo da nova firma, sinalou recentemente que “estamos a crear unha nova maneira de planificar as finanzas, onde non se tentan vender produtos, senón que os vehículos de investimento son os que de verdade precisan os usuarios”.
Gañador local
O Centro Yuzz-Santiago é un espazo de coworking dedicado ao emprendemento que se atopa no Edificio Emprendia da USC e no que desde xaneiro traballaron 35 emprendedores para converter as súas ideas empresariais en proxectos. A Universidade, en colaboración coa Xunta de Galicia, coordina tamén o nodo de Yuzz-Lugo que ten a súa sede na Facultade de Administración de Empresas do Campus de Lugo.
premio_yuzz.jpgEn decembro de 2016 no Centro Yuzz-Santiago seleccionáronse 35 emprendedores de entre máis de 100 solicitudes, chegando 20 proxectos á final, que gañou OpSeeker. Grazas a isto, Lucie Hefnerová viaxou a Silicon Valley para vivir unha experiencia de gran utilidade para impulsar o desenvolvemento dos seus proxectos, achegándolle ligazóns para o asentamento da empresa en novos mercados e para a procura de financiamento. O programa incluíu visitas a empresas como Google, LinkedIn, Facebook, Uber ou Airbnb e conferencias en prestixiosas universidades como Berkeley e Stanford.
O proxecto finalista que representou a Yuzz-Lugo nesta edición foi ZebraNanoTox, desenvolvido por Vanessa Pérez e Carlha Gutiérrez, do grupo de investigación da Facultade de Veterinaria ZebraBioRes-ACUIGEN.
O programa YUZZ diríxeo CISE co patrocinio de Banco Santander e a colaboración en Santiago da USC e da Secretaría de Emprego da Xunta de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?