Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A youtubeira Nuria Espasandín e a editora Cecilia Fernández, na terceira edición do LGx15
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A youtubeira Nuria Espasandín e a editora Cecilia Fernández, na terceira edición do LGx15

Redacción
Publicado: 09/11/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

lingua_non_e_peza_museo.jpgO espírito de LGx15 segue vivo e dando novos froitos. Esta mesma tarde, na Sala Capitol de Santiago, celébrase (a partir das 18.00 horas) a terceira edición do evento, organizado pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística co obxectivo de mostrar e compartir ideas innovadoras para o futuro da nosa lingua e asentar os alicerces de novas propostas. Haberá charlas breves de duración, apoio audiovisual, música e humor. Entre outras relatoras, contarase coa presenza de Cecilia Fernández Santomé, editora da publicación dixital Coolt, revista mensual e en galego sobre moda, tendencias e estilos de vida. Nesta nova entrega do LGx15 tamén falará a alumna de Dereito (UDC) Nuria Espasandín, coa charla A lingua non é unha peza de museo.
Nuria, como lembraremos, foi finalista este mesmo ano na primeira edición de Youtubeir@s e ten un espazo de seu en YouTube dende o que convida á reflexión colectiva sobre a democracia e a liberdade na que supostamente vivimos, sobre o galego ou sobre determinadas materias pendentes no sistema educativo.

Youtubeir@s

A primeira edición de Youtubeir@s, como lembraremos, resolveuse o pasado mes de maio no Teatro Principal de Ourense, nunha gala na que participaron máis de cen persoas e na que se entregaron os galardóns do certame. A colleita do certame foi ben salientable: máis de 200 vídeos sobre diferentes xeitos de vivir en galego e de reivindicalo. A iniciativa veu da man dos servizos de Normalización Lingüística (SNL) dos concellos da Baña, A Coruña, Ames, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove; e tamén das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?