Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Dous doutorandos da USC, premiados no Congreso Galego de Estatística
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Dous doutorandos da USC, premiados no Congreso Galego de Estatística

Redacción
Publicado: 09/11/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

usc_doutorandos_congreso_estatisca.jpgO Campus de Ferrol acolleu os días pasados a 13 edición do Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións, organizado polo departamento de Matemáticas da Universidade da Coruña a petición da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO), contándose coa colaboración directa do Centro de Investigación TIC (CITIC) da Coruña. No congreso, que tivo o obxectivo de contribuír á divulgación dos avances na teoría e nas aplicacións da estatística e a investigación de operacións, houbo conferencias, mesas redondas, obradoiros, comunicacións e máis premios. Respecto destes últimos, os galardóns ás mellores comunicacións foron dar aos doutorandos da Universidade de Santiago, Jorge Rodríguez Veiga e Isabel Borrajo García.
Segundo informa a USC, o premio á mellor comunicación aplicada foi para o traballo Un modelo de programación matemática para a selección e asignación temporal de recursos aéreos destinados á contención dun incendio forestal de Jorge Rodríguez Veiga e da que son coautoras Balbina Virginia Casas Méndez e María José Ginzo Villamayor, tamén da USC. No traballo proponse un modelo de optimización matemática para seleccionar os recursos necesarios na extinción de incendios, así como a asignación das tarefas que as aeronaves realizarán en cada instante.
Pola súa banda, a mellor comunicación teórica foi a de María Isabel Borrajo García polo traballo Characterization of point processes with covariates through the first-order intensity function da que tamén son autores Wenceslao González Manteiga, da USC, e María Dolores Martínez Miranda, da Universidade de Granada. No seu traballo subministra dúas achegas ao ámbito da inferencia estatística en procesos puntuais: estimación e contraste da función de intensidade empregando co-variables.
Tanto Rodríguez Veiga como Borrajo García son estudantes de doutoramento no Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización da Facultade de Matemáticas da USC, baixo a dirección de Balbina Casas e Wenceslao González e María Dolores Martínez. A cada unha das dúas comunicacións premiadas correspondeulles un premio en metálico de 500€.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?