
Polo que respecta ao proceso implantación nos concellos, xa cubriu os seguintes: Abegondo, Ames, Aranga, Arteixo, Arzúa, A Baña, Bergondo, Betanzos, Boimorto, Boiro, Boqueixón, Brión, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Camariñas, Cambre, A Capela, Carballo, Cariño, Carnota, Carral, Cedeira, Cee, Cerceda, Cerdido, Coirós, Corcubión, Coristanco, Curtis, Dodro, Dumbría, Fene, Fisterra, Frades, Irixoa, A Laracha, Laxe, Lousame, Malpica de Bergantiños, Mañón, Mazaricos, Melide, Mesía, Miño, Moeche, Monfero, Mugardos, Muxía, Neda, Negreira, Ordes, Oroso, Outes, Paderne, Padrón, O Pino, Ponteceso, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, Rianxo, Rois, Sada, San Sadurniño, Santa Comba, Santiso, Sobrado, As Somozas, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra, Valdoviño, Vedra, Vilarmaior, Vilasantar, Vimianzo e Zas, ademais do Consorcio das Mariñas e o Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña.
Para reforzar o proceso de integración de SIR, a institución provincial creou un equipo de técnicos que asesora e apoia os concellos para superar as dificultades tecnolóxicas que implica a dixitalización dos trámites. Segundo informa a Deputación, a colaboración cos técnicos municipais deu como resultado que en menos dun ano se completase este “ambicioso proxecto”, logrando que “todas as entidades locais da provincia integradas na plataforma de Administración Electrónica xa estean completamente adheridas ao SIR”.
A Deputación tamén lembra que o devandito servizo ten como consecuencia que calquera cidadán poida presentar e enviar documentos a través da oficina de rexistro do seu concello ou da Deputación, dirixidos a calquera outra administración do Estado, tanto da administración central como da comunidade autónoma ou doutros concellos. “Outra das grandes vantaxes do SIR”, engade a entidade provincial, “é que, ao realizarse os intercambios de maneira electrónica, a recepción dos documentos prodúcese poucos minutos despois do seu envío, reducindo de maneira considerable os prazos na tramitación”.
Até o de agora, a través do SIR na plataforma TEDeC, producíronse xa máis de 40.200 intercambios, cifra que se prevé vaia en aumento. A nivel estatal, desde 2012 intercambiáronse por SIR máis de 4.500.000 asentos rexistrais.
O sistema SIR, que permite o intercambio electrónico de documentos, xa está dispoñible en 79 concellos da Coruña
Compartir Este Artigo

