Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CCG xunta nun web as actividades galegas do Día do Patrimonio
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CCG xunta nun web as actividades galegas do Día do Patrimonio

Redacción
Publicado: 10/11/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20171110_roldaprensa_diadopatrimonio_gabrielquiroga_rvillares_concepcionvarela_bieitopouteirinno_dsc3665.jpgA actividade TIC do Consello da Cultura Galega non cesa. Se os días pasados falamos das súas propostas tecnolóxicas para 2018 e, esta mañá, da súa xornada sobre cultura galega e recursos móbiles, agora o CCG volve subir un chanzo dixital coa presentación dunha web na que xunta as actividades (visitas guiadas, xornadas de portas abertas, pezas do ano, difusión de documentos dixitalizados, etc) dos nosos centros da memoria no Día do Patrimonio, unha celebración (o vindeiro 16 de novembro) á que se adhiren múltiples entidades da nosa terra, dende bibliotecas a arquivos, pasando por museos. Grazas á iniciativa do CCG, estas accións visualízanse de xeito conxunto por vez primeira nun único sitio en liña. En palabras do presidente da institucións, Ramón Villares, “estamos ante unha chamada de atención sobre a importancia do patrimonio moble”.
Canda Villares, participaron na presentación da web os membros da sección de Patrimonio do CCG Concepción Varela e Gabriel Quiroga, que salientaron “a transversalidade e a relevancia de difundir accións sobre o patrimonio”.
Pola súa banda, o técnico do Consello da Cultura, Manuel Gago, fixo saber que o acubillo dixital agrupa “pequenos fitos”, destacando o feito de que as entidades implicadas se puxeran de acordo desta maneira para mostrar canto se fai na nosa terra para celebrar a festa do 16. E fano, engadiu, “desde unha imaxe única que non é o logo de ningunha institución senón unha imaxe gráfica compartida”. Ademais, explicou Gago, “sumáronse a esta proposta centros públicos e privados, grandes e pequenos con accións que se desenvolven en toda a xeografía, tanto rural como urbana”.
Algunhas das accións
No acto celebrado na sede do Consello da Cultura enumeráronse e debulláronse algunha das actividades máis destacadas, como por exemplo a adaptación ao dixital dun facsímile vencellado a Castelao, unhas charlas sobre o traballo dos arquivos ou a dixitalización do Himno Galego gravado en Barcelona en 1919.
En total, estamos a falar de trinta actividades a desenvolver en catorce centros de Galicia.
Os centros que se suman a esta iniciativa son o Arquivo da Real Academia Galega, o Arquivo do Reino de Galicia, o Arquivo Histórico provincial de Lugo, o Arquivo Histórico Provincial de Ourense, o Arquivo Intermedio Militar Noroeste, o Arquivo Municipal de Ferrol, o Ecomuseo de Arxeriz, a Fundación Penzol, a Fundación Vicente Risco, o MDC_L Museo Diocesano Catedralicio de Lugo, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, o Museo das Peregrinacións e de Santiago e a Universidade de Santiago de Compostela.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?