Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo inicia a integración no seu seo do persoal e actividade da Fundación TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo inicia a integración no seu seo do persoal e actividade da Fundación TIC

Redacción
Publicado: 22/11/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

deputacion_lugo_fundacion_tic.jpgEste mércores iniciouse oficialmente o proceso de disolución da Fundación TIC da Deputación de Lugo e a da integración do seu equipo humano e das liñas de actividade no seo do organismo provincial. Así o fixo saber o presidente da Fundación TIC e da Deputación, Darío Campos, quen decidiu incluír a cuestión na orde do día do padroado da Fundación TIC, celebrado esta tarde para aprobar o seu orzamento, un presuposto que xa acubillaba cambios motivados polo devandito acordo de disolución. Segundo engadiu Campos Conde, o primeiro paso será a aprobación por parte do padroado da modificación dos estatutos da TIC; o segundo corresponderá á Xunta de Galicia, que deberá aceptar este cambio nos estatutos. Para rematar, a Corporación provincial tamén terá que aprobar no pleno a subrogación, por parte da Deputación, tanto do persoal como da actividade da TIC.
O Presidente incluíu este asunto na orde do día do padroado no que se aprobou o presuposto para 2018. Este ascende a 1.651.290 euros, baixando nun 8% debido “á falta de encomenda de xestión do InLugo, que irá asumindo directamente a Deputación”. Segundo se fixo saber, no orzamento provincial incluiranse os fondos necesarios para continuar coas actividades de fomento da autonomía e envellecemento activo a través das TIC para maiores, nas que cada ano participan milleiros de lucenses de toda a provincia, sendo, en palabras da Deputación, un éxito de participación e seguimento.
O presidente da Deputación engadiu que a TIC manterá e reforzará no 2018 as liñas de actuación que está a levar a cabo nos últimos exercicios: garantir un ensino de calidade na Escola de Imaxe e Son; contribuír á promoción da provincia a través da cooperación cos Concellos; e reforzar o labor social co apoio á rede asociativa. Tamén continuará coas actividades para maiores ata avanzar na integración da TIC na Deputación, “garantindo, deste xeito, que esta programación non cese”.
Formación referencial
A TIC impulsará as actividades destinadas a manter a calidade da formación da EIS, incidindo “nas prácticas en escenarios reais e no contacto directo con profesionais de prestixio do sector audiovisual”. Ademais, a igualdade de oportunidades volverá ser “un dos obxectivos da entidade”. Nesta liña, a Fundación manterá a gratuidade da matrícula por undécimo ano consecutivo para que os mozos e mozas lucenses interesados nos ciclos de realización e produción poidan estudar na EIS, con independencia do poder adquisitivo das súas familias.
Labor social
Segundo se fixo saber hoxe, outra das prioridades da TIC seguirá a ser o seu labor social. Por unha banda, a través do apoio ao tecido asociativo da provincia (este intre hai asinados convenios de colaboración con preto de 180 entidades sociais, culturais, deportivas e veciñais, para a realización de audiovisuais que contribúan a difundir as actividades destas entidades). Por outra banda, este labor tamén se reflectirá nas actividades destinadas a promover o envellecemento activo dos maiores da provincia a través das novas tecnoloxías.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?