Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A sétima edición das JAI quere bater récords de empresas participantes e asistentes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A sétima edición das JAI quere bater récords de empresas participantes e asistentes

Redacción
Publicado: 24/11/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_jai-3.jpgHoxe a Universidade de Vigo achegou unha manchea de detalles sobre as Xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial, coñecidas por xornadas JAI polas súas siglas en castelán, cuxa nova edición celebrase en marzo (entre os días 12 e 16) na Escola de Enxeñaría Industrial, coa previsión (e coa firme vontade por parte dos organizadores) de acoller máis empresas (un total de 20) e máis propostas innovadoras e intelixentes ca nunca. As xornadas, impulsadas novamente polo profesor do Departamento de Enxeñaría de Sistemas e Automática, José Ignacio Armesto, será nas súas palabras “un espazo de demostración de robótica colaborativa, impresión 3D e realidade virtual na que centros tecnolóxicos galegos exporán os seus deseños”.
Segundo engade, a nova edición do evento é un contexto excepcional para entender, realmente, todo o que rodea aos conceptos de Industria 4.0, tecnoloxías smart e a robótica colaborativa, entre outras cousas porque algunhas das firmas participantes lideran e impulsan proxectos punteiros nestes eidos.
As 20 empresas confirmadas proceden de Europa, América e Asia e abranguen, practicamente, “todos os ámbitos tecnolóxicos”. Segundo explica Armesto, as expectativas de asistencia da organización “son moi elevadas”, principalmente pola inclusión no programa do showroom de industria 4.0 e polo crecente interese que existe por coñecer as tecnoloxías de automatización e robótica. Así, agárdase que se superen os 1.000 asistentes da anterior edición. Novamente, un dos obxectivos é marcar diferenzas con respecto a outros eventos tecnolóxicos, apostando de cheo por achegar ás empresas á mocidade, “facilitando ao máximo que os e as estudantes teñan ocasión de coñecer tanto aos propios fabricantes dos produtos como ás empresas que son os seus clientes locais, os que nun futuro próximo lles ofrecerán un posto de traballo”. O obxectivo, polo tanto, é que “estudantes, fabricantes e usuarios profesionais poidan interactuar nun contexto tecnolóxico e universitario”.
O programa, que abrangue máis de 35 horas de presentacións técnicas e relatorios, abordará temas como robótica colaborativa e sensitiva, robótica móbil, seguridade industrial, análise de datos, ciberseguridade, IoT (Internet das Cousas), xemelgo dixital, mecatrónica, información a gran escala (Big Data), intelixencia artificial, comunicacións sen fíos ou eficiencia enerxética. Para isto, contarase con preto de 50 relatores procedentes de diferentes cidades e países, que presentarán as principais novidades e tendencias do sector.
Participarán vellas coñecidas das JAI como Phoenix Contact, Rockwell Automation, Schneider Electric e Siemens e outras de recente creación como Universal Robots ou MiR.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?