Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha tecnoloxía para axudar a golfiños varados leva o premio absoluto na Galiciencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha tecnoloxía para axudar a golfiños varados leva o premio absoluto na Galiciencia

Redacción
Publicado: 24/11/2017
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

galiciencia_2017_participantes.jpgA Tecnópole xa deu a coñecer os proxectos premiados na nova edición de Galiciencia, a feira da mocidade argalleira e científica, que se desenvolveu esta semana na sede do Parque Tecnolóxico de Galicia en Ourense. Finalmente a proposta gañadora absoluta foi un dispositivo salvavidas para golfiños varados, deseñado por dous estudantes vigueses. O sistema desenvolvido por Carlos Fole, Jaime Alonso, Miguel Herranz e Mateo Martínez do Colexio Montecastelo de Vigo, foi o mellor valorado polo xurado entre os 50 proxectos que competían polo premio final, dotado con 1.000 euros para financiar a súa participación noutra feira científica de carácter estatal, a Exporecerca 2018 (Barcelona).
Durante os tres días que durou a Galiciencia pasaron pola exposición de proxectos e as actividades paralelas máis de 2.000 visitantes. O evento, como dixemos, estivo organizado por Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole, coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT).
O innovador dispositivo merecedor do máximo galardón ten como principal obxectivo minimizar o varado de arroaces e outras especies de delfíns nas costas galegas, pero tamén permite facer un seguimento dos exemplares que transitan polo mar galego e rexistrar así as súas rutas máis habituais. Os alumnos, que bautizaron o seu invento co nome de SISEDE (Sistema de Seguimento de Delfíns), programaron un hidrófono para mergullalo no mar de maneira que, mediante a captación do son que emiten os golfiños, permita seguilos e emitir alertas á Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) e ao 112 cando se detecte que entran en zonas de perigo de varado.
Ademais, desenvolveron una aplicación móbil para que calquera poida fotografar a aparición de arroaces ou mesmo un varamento e enviar a imaxe cos datos de situación. Todo isto, en palabras dos seus creadores, “permitirá, ademais de salvar a vida de moitos golfiños, trazar mapas de tránsito destes cetáceos nas nosas costas ou en calquera outra na que se utilice o sistema, co obxectivo de restrinxir o tráfico marítimo nestas zonas concretas”.
O segundo premio, dotado con 500 euros para asistir á feira científica vasca homóloga da Galiciencia, correspondeulle ao estudo de Martín Ansia e Miguel Rodríguez, das Aulas Tecnópole, sobre os metais de sacrificio, utilizados para protexer contra a corrosión as estruturas metálicas ao aire libre, como os bancos dos parques. O equipo cubriu 18 placas de ferro con tres metais de sacrificio (magnesio, aluminio e cobre) e recubriunas cun ácido de PH alto. Co paso dos días descubriron que o que mellor protexe é o magnesio. A partir del, crearon un líquido protector anti-corrosión que puxeron a proba con éxito sobre pezas do mobiliario urbano de Ourense, coa vantaxe engadida de que é máis económico que os que se poden atopar no mercado.
En terceiro lugar quedaron Arnau Visuña e Adrián Aira, do CPI Poeta Uxío Novoneyra (Seoane do Courel, Lugo), que se propuxeron coñecer a fondo a poboación de bolboretas na aldea de Froxán, comparando a súa biodiversidade en dous hábitats diferentes. O equipo tomou mostras durante un ano, dende setembro de 2016 ata setembro de 2017, das bolboretas de día dun ecosistema de bosque mixto (sobreiras e castiñeiros) e dunha zona de prados sen rega (campazos). A mostraxe realizouse ao longo dun traxecto de 430 metros, fotografando todos os individuos atopados neles, e conclusión foi que a biodiversidade é lixeiramente maior no bosque que nos campazos. O equipo recibiu 200 euros para cubrir os gastos da súa participación no programa de actividades organizados polos Museos Científicos Coruñeses con motivo da Semana da Ciencia.
Mencións especiais
De xeito complementario, entregáronse varias mencións especiais por categorías. A radiografía dun cigarro de Ángela Reboredo e Andrea García, do IES Aller Ulloa de Lalín, foi recoñecida como o proxecto cunha mellor presentación e comunicación oral.
Como proxecto máis innovador, foi premiado o invernadoiro con autorrego de auga de mar, de Laura Costas e Inés Castro do Colexio Alborada de Vigo.
O proxecto de modificación xenética dun fungo desenvolvido por Carlos Casquero e Santiago Janeiro, do Colexio Internacional SEK-Atlántico de Poio (Pontevedra), foi distinguido polo método científico e proceso de investigación mellor definido.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?