Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: MuyComputerPRO entrevista a Antonio Vidal, premio ao mellor científico de datos en España
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

MuyComputerPRO entrevista a Antonio Vidal, premio ao mellor científico de datos en España

Redacción
Publicado: 27/11/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

antonio_vidal_sivsa_mg_5082-1024x683.jpgA web MuyComputerPRO, canle especializada en información tecnolóxica e un dos medios dixitais máis referenciais do ámbito TIC, vén de publicar unha entrevista co enxeñeiro galego Antonio Vidal, científico de datos de SIVSA, co gallo de ter sido galardoado co premio ao Mellor Científico de Datos de España, edición 2017. Na reportaxe, Antonio Vidal fai un percorrido polo proxecto que está na orixe do dito recoñecemento, pola súa experiencia profesional e, tamén, polo que está por vir en materia de tratamento de datos, tanto a nivel de formación como de aplicación e posta en marcha.
Como lembraremos, Vidal é enxeñeiro de Telecomunicación pola Universidade de Vigo. A día de hoxe é responsable de Ciencia de Datos na empresa SIVSA, da que temos falado en Código Cero para salientar as vantaxes e características pioneiras das plataformas Fenix (para facilitar o día a día de clínicas e centros médicos) e Geenie (para axilizar nos organismos públicos a compra de bens dentro do sistema de Contratación Centralizada do Ministerio de Facenda).
O enxeñeiro distinguido, ademais, está a compatibilizar o traballo en SIVSA coa elaboración da súa tese de doutoramento na Universidade, baixo a dirección do catedrático Javier González Casteño e co obxectivo de dar forma a algoritmos que axuden (de maneira automática) a predicir o prezo de poxa dun servizo na nube, con vistas a minimizar custes na contratación dun servizo. Trátase do proxecto AWS SpotPred, en palabras de Vidal “un sistema que predí os prezos das poxas das máquinas virtuais Amazon EC2 e especialmente deseñado para asegurar que as subastas se gañen ao menor prezo posible”, o que posibilitaría a optimización de custes de infraestrutura nas empresas que usan os servizos de Amazon AWS na nube.
Os galardóns
Os premios Data Science Awards Spain 2017, impulsados por Synergic Partners, empresa do grupo Telefónica, distinguen as mellores iniciativas particulares e empresariais e de xornalismo de datos no eido da información a gran escala (Big Data). Para esta segunda edición, resolta recentemente, recibíronse máis de 300 propostas, a distribuír en tres categorías. O xurado elixiu aos gañadores nas categorías de científico de datos, na que triunfou Antonio Vidal; na modalidade de empresas que foi para Ebury e con mención de honra PepsiCo; e o premio ao mellor traballo de xornalismo de datos en España foi para Mar Cabra. Ademais, o xurado decidiu outorgar dúas mencións de honra na categoría de científicos de datos por un lado a Roberto Martín, como Mellor Visualización de Datos e, por outro, a Alejandro Baldominos coa mención á Mellor Solución de Arquitectura Big Data.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?